Información
Galicia

Ana Pontón pídelle a Feixóo menos rodas de prensa e mais medidas no ámbito preventivo, sanitario e económico fronte ao coronavirus

Información
16 Marzo 2020 519 votos

A portavoz nacional do BNG, e candidata á presidencia da Xunta de Galiza Ana Pontón, anuncia que mañá trasladará un paquete de medidas ao goberno galego no “ámbito preventivo, nos servizos sanitarios e de resposta económica e social á grave crise xerada polo coronavirus”. Entre as medidas destaca: “Unha moratoria no pago de hipotecas, iniciativas de apoio a autónomos e axudas extraordinarias como a condonación de recibos de luz e gas aos  traballadores e traballadoras afectadas pola perda de emprego”.

 

As administracións galega e estatal, recalca Pontón,  deben arbitrar medidas urxentes ante a  preocupación dos traballadores e traballadoras que xa perderon os seus postos de traballo e lembra que a banca “débenos 60.000 M€ que poden ser descontados da moratoria das hipotecas”. A portavoz do BNG pide que non se produzan despedimentos “aproveitando a crise do coranavirus” e lanza unha mensaxe de esperanza para poder superar esta grave crise económica con “forza e a colaboración de todos e todas”.

O BNG cuestiona a recentralización de competencias

A portavoz do BNG fai un chamento “a calma e á responsabilidade” e reitera que non é un momento de partidismos, “temos que traballar cóbado con cóbado para que toda a sociedade galega supere con éxito esta grave crise”. O BNG,  volve a ofrecer “toda a colaboración e compromiso da organización, militancia e gobernos nacionalistas.

Ante a  “drástica” declaración de estado de alarma, Pontón lembra que dende o principio da crise,  o BNG apostou por medidas contundentes e eficaces pero a decisión do goberno do estado xenera algunhas dúbidas como a “recentralización de competencias”. Neste sentido, mostrouse convencida de que unha actuación dende Galiza dará unha mellor resposta á crise. Ao seu xuízo, o  goberno galego ten un maior coñecemento dos medios e recursos para unha poboación envellecida que representa un maior risco e as medidas deben ir en consonancia coa  realidade galega. “Dende o BNG agardamos que a decisión do goberno do estado non retrase a adopción de medidas e mecanismos para superar a crise” porque o  virus  “non entende de fronteiras pero tampouco afecta de igual maneira a todos os territorios e o principal foco de contaxio sitúase  en Madrid”. Para a portavoz nacionalista, resulta imprescindible adoptar medidas para “restrinxir a circulación nese ámbito” e “blindar Galiza para limitar as saídas e entradas no noso país”  como fixeron noutros estados e territorios, unha medida que  resultou eficaz.

Mañá plantexeramos esta medida na xuntanza prevista co presidente da Xunta porque a prioridade do BNG é “como axudar para poder superar a crise do coronavirus”

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago