El Gobierno de Pedro Sánchez le puso "las pilas" al Gobierno de Ines Rey - Lage Tuñas obligándolos a instalar aloxamento, duchas e comida para persoas desfavorecidas

Información
Galicia | 22 Marzo 2020 | 2238 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

El Gobierno de Pedro Sánchez le puso "las pilas" al Gobierno de Ines Rey - Lage Tuñas obligándolos a instalar aloxamento, duchas e comida para persoas desfavorecidas

Tras a misiva de que se poñan as pilas, o concello habilitará o frontón e parte das instalacións do Pavillón dos Deportes de Riazor para albergar desde mañá a 35 persoas sen fogar durante as 24 horas do día, con posibilidade de aumentar as liteiras -do Exército- e os espazos de acollida se for preciso.

Nas instalacións daráselles ás e aos usuarios servizo de duchas e aseo con produtos de hixiene; almorzo, comida e cea, así como aloxamento, dentro dunha zona habilitada para o descanso. Benestar Social e a Forza de Loxística Operativa (FLO) acondicionaron estes días o multiusos para que poidan durmir e teñan ademais un apartado en que realizaren as comidas.

 

Deste xeito, o persoal aproveitará o tempo en que xantan para limpar a zona de descanso e en todo momento se gardarán as medidas de seguridade e prevención decretadas polo Estado. As persoas usuarias estarán separadas tanto nestes dous apartados como en varias zonas internas para o esparexemento, incluída tamén unha exterior entre o pavillón e o estadio de Riazor.