A presión sindical obriga a Inditex a descartar os ERTE

Información
Galicia | 23 Marzo 2020 | 1854 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Sede de Inditex en ArteixoA presión sindical exercida nos últimos días obrigou a Inditex a dar marcha atrás aos ERTE presentados á representación legal dos traballadores e das traballadoras. CCOO criticara enerxicamente as intencións da multinacional, que anunciaba os expedientes de regulación ao mesmo tempo que declaraba beneficios multimillonarios.


Sede de Inditex en Arteixo

O Grupo Inditex comunicoulle a CCOO que asumirá cos seus recursos financeiros o custo das suspensións temporais para todo o persoal.

O sindicato seguirá traballando para que a multinacional aplique urxentemente os protocolos de actuación solicitados para garantir a seguridade e saúde nos centros loxísticos.