El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf

Información
Galicia

A pegada das epidemias na Historia

Información
26 Marzo 2020 133 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

'Vacinación contra a variola', de L. L. Boilly'Vacinación contra a variola', de L. L. Boilly

Os profesores da USC Fernando Julio Ponte Hernando e Ofelia Rey Castelao analizan o impacto das epidemias na humanidade e de que xeito estas contribuíron a fomentar avances científicos

É posible facer unha lectura moderadamente positiva da crise que se está a vivir por mor da pandemia do Covid-19? As epidemias veñen ameazando a humanidade dende tempos inmemoriais pero tamén forzando a procura inmediata de solucións que, na meirande parte dos casos, constitúen auténticos logros científicos. "As grandes crises obrigan a poñer a maquinaria científica de todos os países desenvolvidos a toda marcha. Aparecen novas vacinas, perfecciónanse técnicas de diagnóstico e substancias terapéuticas, desenvólvense novos dispositivos, xorden novos conceptos de organización da saúde, ou obtéñense patentes orixinais que son unha fonte de riqueza e adquírense novas conviccións sociopolíticas", apunta o profesor de Historia da Ciencia na USC, Fernando Julio Ponte Hernando.

 

"É imposible dicir que unha epidemia foi motor de progreso sen aceptar que para iso foi preciso que morreran miles ou centos de miles de persoas", sinala a historiadora Ofelia Rey Castelao. Para a tamén profesora da USC, "non se pode dicir que as epidemias foran motor de progreso, pero si que implicaron unha mellor xestión para facer fronte aos contaxios —sistema de avisos, organización de reservas alimentarias, preparación de espazos de acollida—e para avances médicos, malia que houbo que agardar á vacina contra a varíola creada por Edward Jenner para que se puidera falar dun verdadeiro cambio".  

Epidemias históricas

A varíola foi controlada grazas á constatación por parte do médico inglés Edward Jenner, a finais do século XVIII, de que se producía inmunidade cruzada entre a varíola das vacas, de aí a palabra vacina, e a humana. "As nenas que muxían o gando padecían un cadro moi leve de varíola de vaca nas súas mans, pero non contraían a variante humana, moito máis agresiva. Isto fixo que Jenner vise a importancia de inocular material de pústula de vaca en humanos ", explica Ponte Hernando.

Dende a famosa Peste Negra de 1348, levada á literatura e ao cinema, moitas teñen sido as epidemias que deixaron a súa pegada na Historia. "Non tan coñecida pero tamén europea foi a peste que se estendeu entre 1597 e 1603, e que se calcula que acabou coa cuarta parte da poboación da Europa occidental", apunta Rey Castelao. "En torno a 1710, dependendo das zonas, a peste volve a atacar e provoca unha grande mortandade, aínda que para Europa occidental foi xa un dos últimos contaxios pestíferos", subliña a profesora da USC. As seguintes crises foron a da varíola ou, xa no século XIX, a da cólera, sobre todo o ciclo de 1843 a 1854, con centos de miles de mortos na Europa occidental. As distintas epidemias estimularon a consecución da vacina contra esta enfermidade por parte do español Jaime Ferrán. "A gripe de 1918 foi aínda moito máis dura e mortífera", sinala a historiadora. 

Primeira crise planetaria

A pandemia do Covid-19 caracterízase polo rexistro diario do número de persoas infectadas, porén a cuantificación do impacto das crises na sociedade é unha estratexia recente. "Non se pode saber cantos finados houbo nunha crise de mortandade xa que moitos morrían de fame, de enfermidades previas, ou de falta de atención médica. Por outra banda, non todos os mortos eran rexistrados: na Idade Media non había rexistros parroquiais, e na Moderna, facíanse enterramentos colectivos para evitar máis contaxios", apunta Rey Castelao. Non foi ata o século XIX cando se comezaron a levar rexistros máis rigorosos. "A crise do covid-19 é a primeira planetaria, trátase dunha pandemia, da que o precedente máis parecido seria a gripe de 1918", subliña a historiadora.

Ponte Hernando pon o foco no impacto psicolóxico que está a supor a crise sanitaria actual. "Hoxe a vida humana é máis longa que na antigüidade. Reducimos, por exemplo, a mortalidade infantil, terrible ata hai menos de cen anos. Por iso esta situación estanos afectando emocionalmente moito máis que ás xeracións anteriores que tiveron que vivir coas guerras ou coa ausencia de vacinas", apunta. "Creo que esta situación ensinaranos a valorar a paz civil na que vivimos dende hai tantos anos, a nosa liberdade de movemento e todas as cousas que ata agora asumíamos e reclamábamos como dereitos irrenunciables. A paz é unha conquista diaria, non un dereito adquirido", conclúe o profesor da USC.

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....