Información
Galicia

O servizo de limpeza do Álvaro Cunqueiro, ao borde do colapso tras o contaxio de varios traballadores/as

Información
26 Marzo 2020 856 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

marsanchezautoracampanaspublicidadinstitucionalxunta


O comité denuncia que a empresa ocultou un contaxio e non solicitou as probas doutra persoa sospeitosa.

O comité de empresa e o comité de seguridade e saúde da limpeza do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo alertan de que o servizo se atopa o borde do colapso tras o contaxio de varios traballadores/as, até o punto de que xa se está a descoidar a limpeza das zonas comúns do centro sanitario. A representación do cadro de persoal denuncia que a empresa de limpeza, Acciona, ocultou que unha persoa estaba infectada e non solicitou as probas para outra con sospeitas, polo que agora xa son seis os afectados/as, todos/as eles/as membros do comité.

 

Dende o comité de empresa, presidido pola CIG, critican a falta de previsión de persoal e de medios coordinados dende que empezou a crise sanitaria provocada polo Covid-19. “Dende o minuto un fomos conscientes da necesidade de preparar o noso persoal para que tivera procedementos apropiados de limpeza e protección, e ante a falta de protocolos adaptados ó noso traballo de limpeza e recollida de residuos tomamos a iniciativa de elaboralos e contrastalos co departamento de Medicina Preventiva”. 

A representación do persoal denuncia que o servizo de prevención da empresa "está desaparecido"

Ao mesmo tempo, indican que sabían da falta de medios de protección coa que se podían atopar a medida que os contaxios foran medrando, “polo que tratamos de formar e concienciar o cadro de persoal da responsabilidade que tiñamos á hora de traballar: con seguridade, pero adaptándonos ao risco”.

Mais censuran que ao tratarse dun centro sanitario, no que o traballo é unha cadea, “de nada valeu que nós tivésemos procedemento, xa que non había coordinación con todo o persoal sanitario; consecuentemente, levamos tres semanas sufrindo peticións de servizo moitas veces con falta de criterio unificado e razoable, sobrecargando todas as quendas de traballo e, incluso, expoñéndonos e usando recursos sen necesidade, por falta de información”.

Sinalan que a empresa fixo unha primeira contratación e persoal que xa é insuficiente. Isto provoca que a día de hoxe se estean a descoidar, por falta de persoal, as limpezas das zonas comúns, como vestiarios, salas de lecer, ascensores, urxencias, etc. Asemade, “cremos que non se están a dar indicacións coordinadas e efectivas entre o persoal para evitar contaxios intercentro”.

Ocultación de contaxios

Por outra banda, denuncian que o servizo de prevención da empresa “está desaparecido”, cando consideran que tiña que estar solucionando as cuestións relativas á formación, coordinación co servizo de Medicina Preventiva do hospital, xestión de baixas de persoal de risco (embarazadas, oncolóxicos/as, traballadores/as con enfermidades crónicas respiratorias, etc).

Diante disto, son os propios/as delegados/as os que teñen que tomar a iniciativa en moitas xestións que non lles corresponden, “por responsabilidade co cadro de persoal e coa cidadanía”. Isto fai que o persoal estea a facer un sobreesforzo “porque traballamos con doentes e é momento de aportar”.

Pero a empresa, ademais de non asumir as súas responsabilidades, tamén ocultou durante dous días o contaxio dunha persoa, “supoñemos que nas oficinas da empresa de limpeza”, e agora mesmo hai seis integrantes do comité de empresa infectados e de baixa por non ter comunicado ese positivo.

Noutro caso, unha traballadora do servizo con sospeitas pediulle á empresa que lle fixera as probas. “Como dous días despois non lle daban os resultados chamamos a Medicina Preventiva, e cal foi a nosa sorpresa cando nos din que ninguén solicitara as probas, polo que esta persoa estivo catro días a traballar sen parar até que hoxe mesmo pola mañá se coñeceu que era positivo, polo que puido contaxiar na súa casa e a moita máis xente”.

Finalmente, critican que Acciona estea a permitir esta total falta de precaución e prevención. “Tratamos de manter a calma polo ben da cidadanía e pola propia xestión hospitalaria, pero o tempo que tiñamos para prever xa non o temos; se as autoridades competentes non fan unha análise real da situación deste hospital, en canto a necesidades materiais e humanas, dubidamos, que no noso ámbito, que son os residuos e a limpeza, poidamos conter eficazmente este virus”.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago