El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+

Información
Galicia

Mandan un completo informa á fiscalía con toda a información relativa a residencias públicas de maiores, menores e discapacitados/as xestionadas por o Gobernod e Feijóo

Información
28 Marzo 2020 519 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A CIG-Autonómica vén de remitir un escrito á fiscalía, logo de saber que esta solicitou á Xunta de Galiza información sobre a situación de determinadas residencias da terceira idade durante a actual situación de emerxencia sanitaria derivada da pandemia de Covid-19, ofrecéndose a colaborar en todas as cuestións relativas a estes centros. Xunto a este escrito remitimos un informe da situación, a data do xoves 26, en centros que prestan servizos sociais, no cal se recollen as consideracións que nos transmite o persoal, que está a realizar as súas funcións en condicións de extrema dificultade e carestía de medios. 

 

Segundo este informe a situación é a seguinte:

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

1. Residencias de maiores

Residencia de Maiores de Cerdedo 

Neste momento contan con 14 persoas usuarias, porque as do centro de día están nos seus domicilios. 

Non hai material de illamento respiratorio e equipos especiais para COVID 19. Non hai máscaras FFP3, batas nin lentes. A día de hoxe, non subministraron ningún tipo de material e quedan unicamente 2 frascos de hidroxel. 

Complexo CRAPD Vigo 1 e Vigo 2 (antigas residencias do Meixoeiro)

Número de traballadores/as: aproximadamente 385. A UME desinfectou os exteriores. Non hai material de illamento respiratorio e equipos especiais para Covid-19 para todo o persoal. Teñen escaseza de máscaras (só unha por traballadora e quenda), e non hai batas nin lentes. 

Residencia de Marín 

Número de traballadores/a: é aproximadamente 43. Teñen escaseza de lentese máscaras. 

Residencia de Campolongo 

Número de traballadoras/es: aproximadamente 80. Escaseza de material, con existencias para poucos días, e falta de material específico para Covid-19. 

Residencia de Maiores da Estrada 

Número de traballadores/as: aproximadamente 25. Teñen escaseza de todo tipo de material de autoprotección.

2. Centros de Menores Avelino Montero

Número de traballadores/as: 18 educadoras de contacto directo. Só contan con luvas e xel. Os/as menores están comprendidos entre os 14 e os 21 anos. Teñen illados por precaución un novo ingreso e outro menor que saíu ao hospital. Só o persoal que está en contacto con estes usuarios illados ten equípos de protección individual.

3. Centro de Emerxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero (CEMVI) 

Trátase dunha vivenda protexida. Teñen escaseza de máscaras e xel hidroalcólico, e carecen de lentes, luvas e batas. Parte do material lévano as propias traballadoras.

4. Centros de Atención a Persoas Discapacitadas (CAPD)

CAPD de Redondela 

Número de traballadores/as: 167. Está desinfectando a UME esta mañá do 26 de marzo de 2020, despois de telo denunciado. Facilitaron algúns medios, pero as máscaras son as cirúrxicas de papel. Deron pantallas para os do primeiro andar, onde habilitaron todo un módulo dos sospeitosos/as, tendo aí os positivos illados. Non se fixeron probas nin ao persoal nin a todas as persoas usuarias. As persoas afectadas están confinadas na primeira planta (aquí si que lles deron EPIs para Covid-19), e séguese un protocolo de illamento cos/oas demais usuarios/as por planta. Porén, ao non facerse probas, non se sabe se esta sectorización é efectiva, porque pódense estar mesturando contaxiados/as con persoas sas. 

Hai case 50 persoas de baixa, e varios positivos xa entre usuarios/as e persoal. Desde as nosas denuncias contrataron a dous médicos (a médica do centro está de baixa), duas enfermeiras (hai tres de baixa), e moveron para alí camareiras limpadoras, ordenanza e oficial 1º de cociña de centros pechados. 

Desde a denuncia, tamén, mandaron cantidade inxente de máscaras de papel totalmente inadecuadas. 

Os/as traballadores/as din que as lentes son imprescindíbeis porque as persoas usuarias adoitan cuspirlles, polo cal se cadra as pantallas son máis acaídas. 

Faltan máscaras axeitadas en case todos os centros, ou non todo o persoal ten acceso a estas, soamente para casos de urxencia. Así mesmo, por temor a quedar sen materiais de autoprotección e que non llos subministren, gárdanse e/ou restrínxense para atender posíbeis situacións de emerxencia. 

O Comité de saúde laboral pediu datos actualizados de materiais, EPIs, persoal afectado, persoas usuarias afectadas e probas/test feitos, mais non obtivo resposta ningunha. 

PROVINCIA DA CORUÑA 

1. Residencias de maiores 

Residencia de Maiores Asistida de Oleiros 

Facilítanse ao persoal batas, calzas e gorro para uso cos tres residentes que están pendentes de resultado do test. Para atender o resto da residencia non hai EPIs, si que lles proporcionan unha máscara para cada dous días cando as máscaras son dun só uso (batas, calzas e gorro non). Non se están facendo tests para confirmar ou descartar os contaxios a todas as persoas residentes nin a todo o persoal deste centro e, como consecuencia, non se están a tomar as medidas previstas en caso de infección. 

Residencia de Maiores Torrente Ballester 

Estes días comezaron a dar máscaras cirúrxicas, unha para cada tres días. Non hai persoal suficiente, porque hai baixas que tardan en cubrirse, hai incremento de traballo pola situación que obriga a facer limpezas a fondo e medidas hixiénicas extraordinarias, e o persoal desta residencia ten unha media de idade elevada, polo que precisaría persoal de reforzo con urxencia 

Residencia de Maiores de Carballo 

Só teñen luvas, as máscaras para “reutilizar” (até que aguanten, mesmo unha semana).

Residencia de Maiores de Ferrol 

Facilitáronse máscaras FFP2 para enfermeiras e camareiras-limpadoras, e ademais para reutilizar. No centro hai calzas e algunha máscara cirúrxica. 

Hai material de illamento respiratorio e equipos especiais para Covid-19, pero son escasos, están gardados e non hai para todo o persoal. Non hai máscaras FFP3. 

Non se están a facer tests para confirmar ou descartar os contaxios a todo o persoal residente nin a todo o persoal traballador deste centro, e como consecuencia non se están a tomar as medidas previstas en caso de infección. 

Residencia de Maiores Porta do Camiño en Santiago de Compostela 

Neste momento está baleira polo traslado dos residentes e o persoal ao Hotel Congreso. Descoñecemos que medidas se están a tomar na instalación hoteleira á que se trasladaron. 

En canto ao propio centro, vai ser de ingreso de residentes infectados/as. Estase obrigando a presentarse a traballar ao persoal dos centros de da do Consorcio de Muros e Valga, sen información ningunha, nin das medidas a tomar nin de instrucións a seguir, co agravante de descoñecer o centro, o que pon en risco o persoal e as persoas que ingresen. Ademais, o centro é de válidos/as, polo que as instalacións (cuartos, portas, acceso aos baños e os propios baños) non son axeitadas para as camas hospitalarias. 

Residencia de Maiores Asistida Volta do Castro en Santiago de Compostela 

Máscaras para reutilizar, luvas, e calzas e bata para illamentos. Neste momento hai tres residentes illados pendentes de test. Non se están facendo tests para confirmar ou descartar os contaxios a todos os residentes nin a todo o persoal deste centro, e como consecuencia non se están a tomar as medidas previstas en caso de infección. 

Residencia de Maiores da Pobra do Caramiñal 

Material de protección baixo mínimos, luvas e máscaras para reutilizar.

2. Centros de menores 

Centro de Menores San Xosé de Calasanz. Complexo de Atención a Menores de Ferrol.

Medios escasos, máscaras para reutilizar, ausencia de protocolos específicos para estes centros.

3. Centros de Atención a Persoas Discapacitadas (CAPD)

CAPD A Coruña 

Facilitouse unha máscara cirúrxica por persoa e quenda. Neste momento hai tres persoas traballadoras sospeitosas de contaxio, pero están na casa: 1 oficial de cociña, 1 educadora e 1 coidadora, pendentes de resultado da proba. 

Non se están facendo tests para confirmar ou descartar os contaxios a todos/as os/as residentes nin a todo o persoal deste centro, e como consecuencia non se están a tomar as medidas previstas en caso de infección.

4. Residencias do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar 

Centro de Atención a Maiores Dependentes (CAMP) de Melide 

Hai batas e máscaras de papel, que non son as axeitadas. Están utilizando só as luvas e as máscaras. Estase obrigando a facer quendas por equipas de 38 horas continuadas, sen negociar coa representación legal dos traballadores e traballadoras. 

Non se prohibe expresamente que se saque a roupa de usuarios/as e roupa de traballo de persoal do centro para lavar na casa. Nos centros dependentes do Consorcio hai instrucións de que o persoal garde o uniforme nas taquillas e se leve cada segundo día á casa para lavar. A dirección do centro está na casa, facendo teletraballo e dando indicacións por medio de servizos de mensaxería instantánea. A enfermeira vai de luns a venres, polo que no centro quedan as xerocultoras e a PSX soas a fin de semana. 

CAMP de Cerceda 

O material facilitado é o mesmo que no resto de centros de consorcio: escaso e para reutilizar. As direccións, que están teletraballando, están obrigando con mensaxes de whatsapp a facer quendas por equipas de 38 horas continuadas, sen negociar coa representación legal dos traballadores e traballadoras. 

Non se prohibe expresamente que se saque a roupa de usuarios/as e a roupa de traballo de persoal do centro para lavar na casa. Nos centros dependentes do Consorcio hai instrucións de que o persoal garde o uniforme nas taquillas e se leve cada segundo día á casa para lavar. 

Residencia de Ortigueira 

Non hai material para persoal infectado. Estase a traballar só con luvas e máscaras para reutilizar.

PROVINCIA DE LUGO 

1. Residencias de maiores 

Residencia de Maiores das Gándaras en Lugo 

Están permitindo o uso dunha máscara cirúrxica por quenda e persoa. Hai ordes contraditorias dun día para outro, e  unha deficiente xestión do persoal existente. Falta de formación específica, e non hai material suficiente de illamento respiratorio e equipos especiais para Covid-19 para todo o persoal. Non hai máscaras FFP3 suficientes en caso de illamentos. 

Residencia de Maiores da Milagrosa en Lugo 

Estase empregando unha máscara por quenda e persoa, o material é escaso. 

Residencia de Maiores de Burela 

Poden usar unha máscara por quenda e persoa. O material é escaso.

Residencia de Maiores de Monforte 

Escaseza de máscaras e batas, falta de protocolos específicos de actuación, permiten o uso de máscaras cirúrxicas mais non as aconsellan, só as usan no trato directo.

2. Centros de menores 

Centro de especial protección de menores Santo Anxo de Rábade 

Non hai material suficiente. Non se están a usar máscaras. Falta formación específica do persoal.

3. Centros de atención a persoas con discapacidade (CAPD)

Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Psíquica de Sarria 

Estase empregando unha máscara por quenda e persoa. Están a pedir voluntarios/as entre o persoal para dar información específica para casos de illamento por infección. En xeral, hai escaseza de material para illamento específico e a formación do persoal é escasa ou nula na maior parte dos centros, así como a existencia de protocolos específicos de actuación. 

PROVINCIA DE OURENSE

1. Residencias de maiores 

Residencia de Maiores de Taboadela 

Non hai material de illamento respiratorio e equipos especiais para Covid-19 para todo o persoal. Non hai máscaras FFP3, nin  batas e xabón antiséptico, nin tampouco bobinas secamáns suficientes (soamente nos baños). Agora mesmo teñen 3-4 litros de hidroxel e 3 dispensadores de xel hidroalcólico para todas as persoas usuarias do centro ( 22 persoas). 

As poucas máscaras que teñen foron conseguidas por conta da dirección, non facilitadas directamente. 

Vivenda comunitaria de Vilar de Santos 

Non hai material suficiente. Teñen arredor de 15 máscaras cirúrxicas que están a reutilizar. Non teñen lentes. Teñen batas e bobina secamáns, e están empregando gorros de cociña que usarán para as EPIs, porque tampouco teñen calzas. Teñen 6 usuarios/as. 

Residencia de Cabeza de Vaca 

A diario utilizan luvas e máscaras de papel. Teñen preparado material por se xorde algún contaxio. 

Residencia de Maiores de Castro Caldelas 

Só están a empregar luvas e máscaras de papel. O resto está preparado para se hai contaxios. Teñen dous usuarios illados pendentes do resultado da proba.

2. Centros de menores 

Centro de menores CEM da Carballeira 

Teñen material, pero está reservado para sospeitas e/ou posíbeis contaxios. O que están a utilizar son luvas e xel antiséptico. Teñen tamén material preparado para posíbeis contaxios, ou por se regresa algún rapaz e poder telo en observación. O material que teñen é porque o compraron dende e CEM. O material que pediron á consellería estano priorizando e a eles/as só lle mandan algún xel. A día de hoxe non teñen ningún contaxio nin sospeitas. Os/as rapaces/zas levan confinados/as 14 días. Continúan sen un protocolo específico para centros de menores.

 

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....