Valentin Formoso se esquece de Pedro Sánchez para volcarse con Feijóo disposta a colaborar coa Xunta na distribución de material de protección contra o coronavirus

Información
Galicia | 30 Marzo 2020 | 1757 Votos | Correo electrónico | Imprimir

Valentin Formoso expresa a súa "absoluta disposición" a colaborar coa Xunta de Galicia na organización dun "sistema eficaz" de distribución de material de protección contra o coronavirus entre os concellos da provincia, en resposta á petición formulada a través dos medios de comunicación hoxe polo vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda.

Como vén facendo dende o inicio desta crise sanitaria, o Goberno provincial presidido por Valentín González Formoso, ofrece a súa "cooperación leal con todas as administracións e pon a disposición todos os recursos dispoñibles para coordinar as accións necesarias para facer fronte á crise máis importante da historia recente deste país, máis aínda se falamos dun tema tan fundamental como dotar de material axeitado os concellos.

 

A Deputación lembra que a administración autonómica, que ten as competencias nesta materia, creou coa Fegamp Postos de Mando Avanzados en cada provincia, que se reservan a distribución de material e centralizan a loxística.

Aínda así, a Deputación está disposta a prestar a máxima colaboración e demandará á Xunta todo o material necesario: mascarillas, xel hidroalcohólico, luvas e outros equipos de protección para que os servizos municipais esenciais dos concellos da provincia da Coruña, como a axuda no fogar ou as emerxencias, poidan seguir funcionando.

social youtube xornalgalicia   feed-image