GONZALO CABALLERO ANUNCIA A DOAZÓN DO 50% DOS SEUS INGRESOS PARA A LOITA CONTRA A CRISE XERADA POLO CORONAVIRUS

Información
Galicia | 06 Abril 2020 | 1710 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Os socialistas abren unha liña de doazóns fronte á pandemia do covid-19 e os seus efectosOs socialistas abren unha liña de doazóns fronte á pandemia do covid-19 e os seus efectos


Santiago, 6 de abril de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe a doazón do 50% dos seus ingresos durante o estado de alarma para a loita contra os efectos da crise do coronavirus.


O líder dos socialistas galegos comunicou a súa decisión persoal a través das súas redes sociais, cunha mensaxe na que sinalou que se trata dun xeito de amosar “compromiso” neste contexto de crise e confinamento.


“A acción dos gobernos é clave nesta crise”, apuntou Gonzalo Caballero, quen engadiu que “hai actos” como esta doazón que, “sen solucionar o grave, contribúen a amosar o noso compromiso”. Os deputados, senadores e parlamentarios autonómicos do PSdeG tamén contribuirán con doazóns fronte a crise do covid-19.


Así mesmo, o PSOE remitiu hoxe unha carta á militancia e aos responsables públicos do partido para invitar a participar nunha campaña de doazón colectiva para o combate da pandemia do covid-19.