GONZALO CABALLERO INSTA Á FEIJÖO A “DEIXAR DE CONFRONTAR CO GOBERNO” PORQUE “SEGUE TENDO PENDENTE” ATENDER A CONCELLOS, SANITARIOS E RESIDENCIAS POLO COVID19

Información
Galicia | 11 Abril 2020 | 2326 Votos | Correo electrónico | Imprimir


O secretario xeral urxe ao goberno galego a “cumprir coas súas competencias” aumentando as plantillas de hospitais e residencias e as medidas de protección para traballadores sanitarios e de servizos sociaisO secretario xeral urxe ao goberno galego a “cumprir coas súas competencias” aumentando as plantillas de hospitais e residencias e as medidas de protección para traballadores sanitarios e de servizos sociais
Santiago, 11 de abril de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou hoxe á Xunta a “abandonar a liña de confrontación co goberno de España” porque “segue tendo pendente” demandas de concellos, hospitais e residencias de aumento das plantillas e das súas medidas de protección.


“Cando se cumpre un mes do confinamento, existen moitas demandas, e a Xunta ten que cumprir coas súas competencias”, recalcou o máximo dirixente do PSdeG para referirse ás melloras necesarias nos eidos da sanidade pública e os servizos sociais.
Nese senso, o líder dos socialistas galegos destacou o envío a Galicia por parte do goberno de España de case 58.000 tests rápidos e de 2,5 millóns de unidades de protección entre máscaras, luvas, buzos...
Por iso, tras requirir á Xunta que realice todos os tests posibles aos profesionais de sectores afectados, Gonzalo Caballero puxo o foco na situación das residencias, que acumulan xa uns 1.100 contaxios entre traballadores e usuarios. Do mesmo xeito, esixiu que se facilite “máis información” ás familias dos internos.
Así mesmo, o secretario xeral reclamou á Xunta que envíe material de protección aos concellos, os cales estanse facendo cargo dos servizos de atención a maiores e aos colectivos máis vulnerables con medios de protección que seguen sendo “escasos e limitados”, ou mesmo asumindo con fondos propios esta cuestión.
“Hai moito que facer, e a Xunta non pode nin relaxarse nin limitarse a poñer deberes ao goberno de España”, advertiu Gonzalo Caballero, consciente de que “necesitamos o traballo coordinado de todas as autoridades” na loita contra o coronavirus. Nese camiño, asegurou, o goberno galego “seguirá tendo a man tendida do PSdeG, pero ten que cumprir en materia de sanidade e servizos sociais”.

social youtube xornalgalicia   feed-image