Galicia en Común-Anova Mareas reclama ao Goberno de Feixoo que non se esconda detrás das videoconferencias dos autónomos e poña en marcha axudas directas para o colectivo

Información
Galicia | 12 Abril 2020 | 2003 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image


O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, reclamou hoxe á Xunta que poña en marcha liñas de axudas directas para autónomos, destinadas a garantir a súa subsistencia e a enfrontar as consecuencias económicas da epidemia de Covid-19. Gómez Reino lembrou que Galicia é unha dás comunidades autónomas que aínda non ten desenrolado este tipo de axudas.“En Galicia hai máis de 200.000 traballadoras autónomas que precisan de apoio inmediato para enfrontar o cesamento de actividade derivado do estado de alarma, e que cando a emerxencia sanitaria remate, non poderán levantarse se agora mesmo non se lles presta axuda”, dixo. Gómez Reino subliñou que o Goberno do Estado adoptou varias medidas específicas para autónomos, como a moratoria no pago das súas cotas, o aprazamento no saldo de débedas coa Seguridade Social e a posta en marcha dun subsidio específico de desemprego.


“Fan falta outras medidas específicas e complementarias a nivel autonómico máis aló da propaganda habitual de Feijóo”, insistiu. Pola súa banda, Eva Solla lembrou que o suposto apoio ás autónomas galegas publicitado pola Xunta consiste unicamente nunha partida de 10 millóns de euros para financiar os gastos de adaptación daquelas empresas galegas que empecen a producir material sanitario “é claramente insuficiente, máis aínda se se compara coas medidas adoptadas por outros Gobernos autonómicos”, dixo. Así, Solla detallou que Catalunya e Euskadi aprobaron axudas directas para as persoas autónomas de ata 2.000 euros e 3.000 euros, respectivamente, así como moratorias no pago de cotas e alugueiros de locais, unha opción pola que tamén optou a Generalitat valenciana.“A Xunta ten que abrir liñas de axudas directas a fondo perdido que vaian nese camiño, isto é, para subvencionar as perdas ocasionadas polo cese de actividade, o pago de alugueiros e mesmo abrir a posibilidade da exención daqueles alugueiros, incluídos os de parcelas en polígonos industriais, que son da súa propiedade ou do Instituto Galego da Vivenda e Solo”, concluíu.