Esperamos que os peches de Centros de Saúde orquestados por Feijóo dee marcha atrás e reabra os mesmos poñendo fin a ese tipo de xestión.

Información
Galicia | 13 Abril 2020 | 1463 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

marsanchezautoracampanaspublicidadinstitucionalxunta


Diante da celebración do Día Mundial da Atención Primaria, o día 13 de abril, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, queremos comunicar, que:

1.- A Atención Primaria é o recurso sanitario fundamental para garantir unha atención de saúde universal, accesible, continuada e equitativa a toda a poboación. Este nivel asistencia é ademais imprescindible para levar a cabo as actividades de promoción, prevención e rehabilitación, coa colaboración e en alianza coa comunidade e as súas institucións e organizacións representativas.

 

2.- Nestes momentos de crise sanitaria e social, pola pandemia de coronavirus, adquiríu aínda máis importancia, como unha das ferramentas esenciais para facela fronte. Os servizos de Atención Primaria en Galicia son esenciais para identificar á poboación de risco, evitar novos contaxios, tratar aos afectadxs nos seus domicilios, evitar traslados innecesarios aos hospitais, informar e responder as dúbidas e demandas da poboación desde os propios Centros de Saúde, evitar os colapsos e os riscos de acudir aos servizos de urxencias e hospitais, e tratar outras patoloxías que seguen afectando as persoas.

3.- Por todo iso, a Atención Primaria é unha peza moi importante, para tranquilizar e dar seguridade a toda a poboación, nuns momentos de gran incerteza. Os servizos primarios a nivel de todo o Estado, atenderon mais dun millón de demandas asistenciais nestes días.

4.- Esperamos que os peches de Centros de Saúde, que na súa maior parte non compartimos, salvo por criterios de estricta necesidade, non sexan un intento para desmantelar (unha vez máis) e privatizar este nivel asistencial. Queremos advertir que desde diferentes ámbitos políticos e sanitarios, púxose en marcha unha intensa campaña destinada a desacreditar o noso Sistema Sanitario Público, do que a Atención Primase é unha peza fundamental.

6.- Esperamos que o apoio da poboación á Sanidade Pública e aos seus traballadorxs, manifestado diariamente con aplausos e outras mostras de recoñecemento, permitan impulsar, despois da pandemia, medidas para recuperar os recursos recortados por Nuñez Feijoo, mellorar e potenciar os servizos sanitarios públicos en especial a Atención Primaria Galega, sometida a unha situación de abandono e marxinación pola Xunta de Galicia e a Consellaría de Sanidade, e polo que vimos protestando desde hai anos, a última o 9 de febreiro en Compostela, con milleiros de persoas na rúa... hai apenas dous meses.

A Atención Primaria debe pasar a ser realmente a base e o eixo do noso Sistema Sanitario Público. É obriga da administración potenciala e facela máis accesible a cidadanía. E quie a poboación a sinta como súa e a defenda como tal! Váinos o futuro e o dxs nosxs fillxs.

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600