Podemos denuncia a “irresponsabilidade” do Sergas ao devolver á residencia San Carlos de Celanova a unha persoa infectada de Covid-19

Información
Galicia | 20 Abril 2020 | 2146 Votos | Correo electrónico | Imprimir

Os círculos de Podemos Galicia en Ourense denunciou hoxe que oOs círculos de Podemos Galicia en Ourense denunciou hoxe que oServizo Galego de Saúde procedeu a semana pasada a trasladar á residencia San Carlos deCelanova, desde o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU), a unha persoainfectada de Covid-19 que xa era usuaria da residencia e que foi levada ao hospital para tratarseoutra doenza.Podemos acusa á Xunta de mentir por negar que tal traslado se producira, e considera a actuacióncomo unha inxustificada irresponsabilidade da xerencia do CHOU.

Asi mesmo, reitera a súaesixencia ao Goberno galego para que interveña e medicalice todas as residencias de maiores dopaís, ante a gravísima situación que padecen.O pasado 18 de marzo faleceu a primeira vítima mortal de Covid-19 na provincia de Ourense. Eraunha muller de 93 anos usuaria da residencia San Carlos de Celanova. Despois de este primeirocontaxio, a situación agravouse. O día 20 de marzo practicáronse probas as residentes e astraballadoras do centro. 46 usuarias e 18 empregadas deron positivo. O maior foco de Covid-19 enOurense. En cuestión de días o persoal quedou ao mínimo por culpa dos contaxios, e quedou senmaterial.

A situación en esta residencia ao día de hoxe é igual de desesperada que fai dúassemanas.“Non entendemos os motivos polos cales a Xunta de Galicia segue sen intervir e medicalizar estecentro e outros moitos nos que seguen a darse contaxios e segue a morrer xente”, aseguran asvoceiras de Podemos en Ourense, que reiteraron que a semana pasada “efectuouse un trasladodende o CHOU á residencia de San Carlos de Celanova de unha persoa infectada de Covid-19 quexa era usuaria de este centro”.

“Este feito é unha total irresponsabilidade por parte da xerencia do CHOU, do Sergas e da direcciónda propia residencia”, subliñaron as ditas voceiras, que engadiron que. “lonxe de aclarar estasituación, o Sergas mentiu o pasado sábado ao negar que se fixese dito traslado”.

Podemos Galiciaexixe ao Sergas que esclarezan a situación e depuren responsabilidades, e que corrixan a situaciónque provocou na residencia de San Carlos.As voceiras de Podemos Galicia tamén esixiron á Xunta que informe do estado das usuarias docentro que foron trasladadas ao centro integrado que o Goberno galego habilitou en Baños deMolgas e que aínda non foron derivadas de volta, e de cuxa situación as familias non teñencoñecemento a día de hoxe.

“O Goberno galego ten que actuar en este e en outros centrosintervindo os mesmos para evitar que os contaxios vaian en aumento, dadas as limitacións depersoal e as condicións de precariedade na que está o mesmo desenvolvendo o seu traballo”,concluíron os responsables de Podemos Ourense.

social youtube xornalgalicia   feed-image