Información
Galicia

As perdas de camas do noso sistema público xerou o temor na Xunta de que os hospitais e UCI quedasen desbordados, ante este risco a aposta do Goberno de Feijóo foi a de protexer os intereses dos hospitais privados

Información
22 Abril 2020 1171 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Dende a AGDSP, temos que manifestar a nosa posición crítica ante certas valoracións por parte do Goberno da Xunta de Galicia, nas que se aprecia unha actitude de “sacar peito” ante a súa xestión da pandemia da COVID-19 en Galicia.

 

Somos conscientes da complexidade e magnitude desta pandemia e polo tanto tamén entendemos que xurdiron moitas dificultades, novas,  as  que non era doado darlle unha resposta rápida e axeitada. Pero tamén temos que ter moi presente que moitas outras situacións nos que se viviron momentos moi críticos e de risco, non tiñan que ver coa situación provocada pola aparición da COVID-19, foron situacións mal xestionadas e moi graves que teñen unha explicación nos deficits, recortes e privatizacións que se levan feito ao longo destes anos polo Sr. Feijóo e as políticas neoliberais do PP.

Dende este punto de vista pedímoslle ao goberno galego que ademais de gabarse dos seus éxitos teña tamén unha actitude autocrítica e sexa quen de recoñecer que o defendido por eles e as políticas que implementaron son a causa de moito do sufrimento e das incertezas que  levan acontecido durante estas últimas semanas.

Neste senso, queremos manifestar o seguinte:

1.- Entendemos que aínda é moi cedo para facer avaliacións de conxunto desta pandemia, fallan datos e análises máis rigorosos que nos permitan coñecer o escenario final da situación, que aínda non rematou. Polo tanto os éxitos ou fracasos non veñen dado so polo dato cuantitativo do número de contaxiados ou de fenecidos. Esas taxas brutas son indicadores de pouco valor e teñen que ser postos nun contexto onde sabemos que o noso territorio e a nosa poboación ten unha serie de singularidades que facilitan a redución do número de contaxios. Polo tanto hai que saber que parte corresponde ao acertado das medidas tomadas polas autoridades e que parte ten que ver con outras situacións. Señores do Goberno galego, falen de todo, non so daquilo que lles é favorable. 

2.- Nesta pandemia, como noutra calquera, os Servizos de Saúde Pública se revelan como unha parte esencial e fundamental do noso Sistema Público de Saúde. Se analizamos os investimentos do Goberno do Sr. Feijóo neste terreo vemos unha constante de recortes na epidemioloxia e loita contra as infeccións que so reciben o 0.9% do orzamento sanitario, a maioría para organizacións privadas. As perdas de camas do noso sistema público  xerou o temor na Xunta de que os hospitais e UCI quedasen desbordados, pero ante este risco a aposta do Goberno da Xunta foi a de protexer os intereses dos hospitais privados e pulou a creación de hospitais de campaña, que xa tiñan amosado o seu fracaso en Madrid, e que xeraron un custe engadido e innecesario de terse intervido nos hospitais privados. 

3.- A xestión dos equipos de protección e outras medidas de prevención de riscos laborais teñen sido moi erráticas e con constantes desabastecementos de material e medios tanto en xeriatricos, como en dispositivos sanitarios a pesar de ter total capacidade de xestión neste terreo. 

4.- A Atención Primaria,  a pesar dos recortes, tivo un importante papel na asistencia da poboación confinada, prestando atención telefónica, asistencia a domicilio, identificación de pacientes sospeitosos de contaxio, informando e tranquilizando á  poboación.  Ante o previsible descenso da epidemia e a desescalada do confinamento, hai que reforzar a Atención Primaria para que leve a cabo actividades de vixilancia, diagnóstico precoz de novos casos, atención domiciliaria das persoas afectadas que non necesitan hospitalización, e información directa de medidas para evitar novos contaxios. 

6.- Por parte do Goberno do Sr. Feijóo estableceuse dende o inicio da pandemia un constante pulso e competencia co Goberno do Estado. Pulso que se ten visto en numerosas ocasións, tentado dar a imaxe de que cando as cousas non funcionan a culpa “é de Madrid”, pero cando as cousas van ben, entón é a Xunta de Galicia a que resulta un “paradigma da eficacia”.  Exemplos como o asunto dos testt diagnósticos, que primeiro se consensúan a nivel central e despois se desprecian e ao cabo de 48 horas se volven poñer en valor e para culminar este despropósito se decide de novo competir co estudo epidemiolóxico deseñado para todo o Estado, co consenso xeral, lanzando un estudo propio con eses test diagnósticos que parecía que non cumprían un mínimo de estandares de calidade. Resulta canto menos curioso que un partido político que tanto clama pola “unidade da patria” e polos recortes nas competencias autonómicas, se converta durante esta xestión no “campeón do independentismo”.  

5.- Consideramos, moi urxente a recuperar o  plena actividade dos hospitais que aprazaron consultas, probas  diagnósticas, intervencións cirúrxicas, etc., pola epidemia. As enfermidades seguen afectando á poboación e é necesario recobrar o funcionamento normal para evitar sufrimentos, complicacións ou mortes innecesarias.  No caso dun repunte na enfermidade a Consellaría, deberíanse intervir os hospitais privados,  que por agora están a traballar ao 30% da súa capacidade. 

7.-  O gran foco da mortalidade pola COVID-19, concentrouse nas persoas maiores con patoloxías previas, especialmente as que están nas Residencias de Maiores, en condicións moi deficientes por falta de persoal, deterioración de recursos, ausencia de protocolos de actuación, etc. Os maiores problemas déronse nas residencia privadas concertadas (soamente o 2,5% dos contaxiados están en residencias públicas).  

8.- A realidade das políticas da Xunta de Galicia, no terreo sociosanitario, requiren dunha urxente avaliación. A pandemia revelou unha situación moi preocupante e de falla total de supervisión e vixilancia por parte das autoridade sanitarias e a presencia dunhas empresas, que en moitos casos, antepuxeron os beneficios económicos por diante das necesidades dos usuarios. Solicitamos esa urxente auditoría e tamén que se depuren as responsabilidades que se deriven deses resultados e unha vez máis se comproba que esa máxima de que a xestión privada e moito máis eficiente e eficaz que a pública é unha gran mentira que por moito que a repitan non van conseguir transformar en verdade.

Dende AGDSP, nos alegramos sempre dos éxitos do Goberno Galego, na loita contra a pandemía porque eso supón un beneficio para todos, aínda sendo conscientes que neste problema tampouco todos somos iguais ante as consecuencias da mesma. Pero tampouco podemos deixar de ser críticos e pensamos que é a nosa responsabilidade estar atentos e denunciar aquelo que consideramos que se está a facer erroneamente e nomeadamente cando visualizamos cousas que parecen que teñen que ver máis coa propaganda que coa necesaria e transparente información que se merece a cidadanía galega. Dende a nosa Asociación pedimos tanto ao Goberno Galego como o resto de organizacións políticas que sumen esforzos, que amosen propostas, que sexan críticos construtivos e autocríticos, pero sobre todo que non perdan de vista que este non é un momento para a pescuda da rendibilidade electoral.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago