Información
Galicia

Antón Sánchez denuncia a campaña de intoxicación e a falta de autocrítica do Goberno de Feijóo cando son os mais denunciados de España cos abuelos morrendo nas residencias da Xunta en completa soledad

Información
22 Abril 2020 1098 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

lasprotegidasdelpresidente

 

O voceiro no Parlamento de Galicia En Común-Anova Mareas sinala que o conselleiro de Sanidade compareceu para facer propaganda e non para explicar a realidade derivada da crise da Covid-19
 

 

Compostela, 22 de abril de 2020.-  O voceiro no Parlamento de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Sánchez, denunciou este mércores a "desleal campaña de intoxicación" levada a cabo polo Goberno de Feijóo durante a crise da Covid-19. Sánchez sinalou que a comparecencia do conselleiro de Sanidade na Cámara galega estivo exenta de autocrítica e humildade, amosando unha "soberbia absoluta". "Non fai falla que o PP recorra a falsidades para xustificar a non asistencia de Feijóo ao Parlamento. Se non comparece, é porque non quere. Se prefire estar a diario na TVG sen que ninguén contradiga a súa desleal de intoxicación, é a súa responsabilidade", indicou. Sánchez incidiu en que esta actitude do Goberno galego "produce unha indignación crecente na cidadanía observando que, segundo vostedes, a Xunta faino todo ben, e se hai algo mal, é culpa dos outros. Non falou de nada do que foi mal, e iso non é vir a explicar a realidade; é seguir facendo propaganda. Suspendéronse eleccións, pero vostedes non suspenderon a campaña". O voceiro lamentou que isto é aínda "máis indignante cando vén dos responsables dos recortes na sanidade pública, que atacaron e denigraron as e os profesionais, cando vén dun partido con casos de corrupción evidente, por se non fora pouca corrupción usar o diñeiro público para favorecer a sanidade privada. É indignante que utilicen esta crise para facer campaña electoral". "Din que o importante é salvar vidas, pero non deixan de estar en campaña electoral, encadenado unha intoxicación tras outra", continuou Sánchez. Como exemplo destas prácticas, o voceiro citou os problemas de falta material de protección para o persoal sanitario, "incluso cesaron unha responsable sanitaria polas súas reclamacións, mentres difundían críticas ao Goberno do Estado polos test rápidos". Ademais, Sánchez destacou que "Feijóo dicía que necesitaban respiradores imperiosamente dous días antes de envialos a Madrid" ou que "o 5 de abril Feijóo dicía que os test rápidos son de apoio, pero non definitivos, algo que coincidía co que dicía o ministerio. Tres días despois dicía que pensaba que si eran definitivos".Residencias de maiores, o maior exemplo de mercantilización da saúde Antón Sánchez reprochou que o conselleiro de Sanidade "non fixo autocrítica" coas residencias de maiores, "o maior exemplo de mercantilización da saúde tras 11 anos de políticas e decisións destinadas a favorecer o negocio de determinadas empresas con diñeiro público". Así, afondou en que "precisamente as residencias desas empresas son as que teñen máis contaxios e máis mortes. O Consello de Contas denunciou irregularidades, pero o seu Goberno non actuou. Cando se demostra agora que a xestión pública e directa é mellor, deberían recoñecer que as súas políticas puxeron en perigo a moitas persoas, pero non o fan. Botamos de menos unha reflexión a futuro de cambio de modelo". O voceiro lembrou ademais que é evidente que "os recortes déixannos en peor situación. Se tiveramos as mesmas camas que cando chegaron ao Goberno, poderiamos intervir e medicalizar as residencias. Coa media de persoal do Estado, teriamos centos de profesionais máis, pero vostedes adicáronse a precarizar ese persoal e por iso hai escasez". Sánchez criticou que, a pesar destas consecuencias, "seguen actuando igual e só recúan cando hai presión social. A mediados deste mes anunciaron rescisións de contrato ao persoal e só recuaron cando se soubo e era demasiado escandaloso. Van ter que facelo en moitas máis cousas, porque as privatizacións xa non van ser posibles. Moita xente viu que a sanidade pública é fundamental para protexernos". Por último, Antón Sánchez valorou que "comprenderíamos un relato máis axustado á realidade, comprendemos as dificultades de calquera goberno para xestionar esta pandemia. O que non toleramos é que os gobernos que precarizaron a sanidade pública, estean constantemente en campaña electoral e veñan con soberbia sen recoñecer ningún erro". Deste xeito, concluíu que "cómpre centrarse agora en salvar vidas. Cando isto remate, pediremos responsabilidades polas políticas que puxeron en perigo a xente poñendo o negocio por enriba da saúde".

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago