GONZALO CABALLERO REPROCHA A FEIJÓO O SEU “DESPLANTE” Á CÁMARA MENTRES SAE NA TVG PARA CONFRONTAR CO GOBERNO: “GALICIA MERECE ALGO MELLOR”

Información
Galicia | 29 Abril 2020 | 1589 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

telegaitalamasvistascuandonosalefeijoo


O secretario xeral lamenta a “deslealdade” da Xunta e sinala como o gobermo de España adica centos de millóns para protexer á cidadanía galega.O secretario xeral lamenta a “deslealdade” da Xunta e sinala como o gobermo de España adica centos de millóns para protexer á cidadanía galega.
Santiago, 29 de abril de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, recriminou hoxe a Feijóo que decidira convocar unha comparecencia retransmitida pola TVG ao mesmo tempo que se celebra unha sesión plenaria do Parlamento na que o presidente estivo “ausente”. “Galicia non merece isto”, advertiu.


“É unha falla de respecto e un desplante a todos os galegos”, manifestou Gonzalo Caballero, quen puxo o foco en que Feijóo utilizou esa comparecencia pública para dicir, “sen poñerse colorado”, que “non avala” o plan de desescalada presentado polo Goberno de España, a pesares de que a Xunta non presenta informes nin datos técnicos para posicionarse ao respecto.
“Mentres Pedro Sánchez acude ao Congreso para anunciar a posta en marcha do ingreso mínimo vital para o mes de maio, Feijóo utiliza os medios públicos para seguir coa campaña electoral dunha dereita que perdeu o rumbo”, subliñou o líder do PSdeG.
Do mesmo xeito, Gonzalo Caballero afeou á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que hoxe comparecía no Parlamento, que replique esa estratexia do PP e fale tamén de que o goberno “confisca” fondos a Galicia. “Non hai confiscación, non respectan as regras de xogo democráticas e non recoñecen a importancia das partidas de protección da cidadanía dedicadas polo goberno de España”, evidenciou, ao tempo que retou á conselleira a “acudir ao xulgado” se é capaz de soster esa acusación de confiscación.
Ao fío desa “deslealdade” da Xunta, o máximo dirixente dos socialistas galegos recordou que o goberno inviste en Galicia “máis de 300 millóns de euros ao mes” só para o pago dos traballadores afectados por un ERTE, para as axudas aos autónomos e para o apoio ás empregadas do fogar e outros colectivos.
ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO
En paralelo, Gonzalo Caballero criticou unha vez máis que a Xunta remitira unha carta ao goberno para laiarse da suspensión dos desafiuzamentos durante o tempo que dure a crise do coronavirus, e sinalou un balance “nefasto” en construción de vivenda pública en Galicia tras 11 anos de Feijóo.
De aí que pedira o desenvolvemento do alugueiro social e tamén de apostar por modelos de vivenda “máis humanas” dentro de cidades “máis humanas” tamén. “Hai que adaptarse á nova realidade”, evidenciou, e chamou a aproveitar a circunstancia para “corrixir as eivas existentes” sobre todo en materia de vivenda pública.
Finalmente, o líder dos socialistas galegos requiriu “analizar” que está ocorrendo en Sogama ante as queixas dos traballadores pola falla de protección coa encomenda da Xunta de tratar os residuos sanitarios dende o inicio da pandemia.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600