A Xunta dá instrucións para a limpeza das ambulancias que non garanten a correcta desinfección

Información
Galicia | 02 Mayo 2020 | 2102 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

feijoo marsanchez yelequipodesanidad sergas acusadosdevariosdelitospenalesporlafiscaliadegaliciaA FGAMT-CIG rexeita "as instrucións neglixentes" que están trasladando o Sergas e a Fundación 061 ao sector de ambulancias que poñen en riscos a seguridade do persoal e dos/as usuarios/as, así como "as mentiras" da Administración no relativo ao uso en Galiza das máscaras defectuosas retiradas e á realización de test serolóxicos a todo o persoal do transporte sanitario.

 

Dende o sector de transportes da CIG alertan que a Xunta deu instrución ás empresas para facer a desinfección das ambulancias con máquinas de ozono, cando dende o Ministerio de Sanidade teñen advertido que este método, sen outro tipo de limpeza, non está autorizado pola UE como biocida.

"A limpeza tense que facer utilizando produtos biocidas aplicados sobre as superficies e despois, a maiores se o indica a empresa, empregar o ozono. Pero a raíz da instrución do 061, moitas empresas estanse limitando a usar as máquinas de ozono, o que non garante a correcta desinfección das ambulancias", explica Xesús Pastoriza, responsábel de Transportes da FGAMT-CIG, quen alerta dos riscos de contaxio que implica esta práctica.

Neste senso, demanda da Xunta que de inmediato proceda a emitir novas instrucións e que exerza un control sobre todas as empresas para garantir que a limpeza se faga de maneira adecuada, algo especialmente importante agora que comeza a denominada "desescalada".