A epidemia provocou un elevado nivel de contaxios e de mortalidade nas residencias de maiores provocado polas decisións de Núñez Feijóo, de privatizar boa parte das mesmas.

Información
Galicia | 06 Mayo 2020 | 1829 votos | Correo electrónico | Imprimir

lasprotegidasdelpresidente

A ASOCIACION GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA SOBRE A EPIDEMIA DE CORONAVIRUS NAS RESIDENCIAS DE MAIORES

1.- A pandemia de coronavirus en Galicia non tivo, afortunadamente, a virulencia doutras CCAA. Este feito non ten relación directa coas actuacións da Xunta de Galicia, senón coas características específicas do país: dispersión da poboación, menor nivel de contaminación, escasa chegada de persoas doutros territorios, as condicións climáticas ou a menor aglomeración no transporte público e actos colectivos.

2.- A epidemia sí que provocou un elevado nivel de contaxios e de mortalidade nas residencias de maiores; isto ven provocado polas decisións de Núñez Feijóo, de privatizar boa parte das mesmas. Segundo un informe do Consello de Contas de Galicia e as denuncias de familiares e persoal, este proceso caracterizouse por irregularidades e amiguismo na súa adxudicación, falta de controis pola Conselleria, escaseza de persoal, deficiencias nas instalacións e incumprimento dos protocolos de funcionamento.

4VINETAFECHIYPERLY ESTRENO 5 DE JULIO


3.- Existe unha relación entre as deficientes condicións previas das residencias e a incorrecta xestión realizada pola Xunta, co elevado número de persoas afectadas, tanto entre xs internadxs como entre xs traballadorxs, que tiveron que afrontar a situación, a pesar da falta de recursos e de equipos de protección adecuados.

4.- Denunciamos tamén que as empresas que xestionan estes centros (moitas delas multinacionais e fondos de investimento), actuaron sen transparencia e sen informar adecuadamente ás familias e á poboación, xerando unha gran alarma social.

Por todo isto esiximos á Xunta de Galicia e á Fiscalía de Galicia:

a- A intervención inmediata das residencias onde se concentraron os contaxios e mortalidade.

b- Apertura inmediata dunha investigación para coñecer e depurar responsabilidades sobre:

  • Proceso de privatización das residencias.

  • As condicións de traballo, con baixos cocientes de persoal, deficientes condicións das instalacións e do equipamento, e baixo nivel de cumprimento dos protocolos.

  • Ratios de persoal, condicións laborais, equipamento de seguridade e nivel de afectación polo coronavirus

  • Dita investigación deberá determinar o nivel de afectación polo covid-19 nas residencias de xestión publica directa, nas de concesión e nas de contratación privada.

c- Reintegrar ao sistema público as residencias para garantir a saúde e seguridade das persoas residentes, e deseñar un cambio de modelo na atención ás persoas maiores.

d- Desenvolver e aplicar a Lei de Dependencia para que o maior número posible de persoas maiores poidan ser atendidos nos seus propios domicilios.

e- Esiximos que a Xunta de Galicia dea conta dos resultados da auditoría e das medidas adoptadas, aos familiares, ao Parlamento de Galicia, aos sindicatos e á opinión pública.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública columnaadelantoelecciones5julio feijoo

social youtube xornalgalicia   feed-image