A XUNTA PODERÍA ESTAR INCORRENDO NUNHA ILEGALIDADE AO PERMITIR O EXERCICIO DA PESCA FLUVIAL EN GALICIA

Información
Galicia 07 Mayo 2020 1205 votos - Registrate para votar

EXCLUSIVA: El Gobierno del PPdeG en la Xunta reconoce en documento ...A apertura xeneralizada da actividade de pesca fluvial en Galicia acordada pola Xunta contrevén o plan de desconfinamento e produce confusión entre a cidadanía, co risco de incorrer en infraccións.

Santiago de Compostela, a 7 de maio de 2020.- As entidades ADEGA, Ríos con Vida e a Federación Galega de Pesca vimos de presentar escrito ante a Delegación do Goberno en Galicia para que estude e confirme a legalidade e competencia da apertura xeneralizada da pesca fluvial en Galicia acordada pola Xunta o pasado 5 de maio por resolución de Vicepresidencia e da Consellaría de Presidencia.

 

Tras ter sido suspendida a pesca recreativa do 15 de marzo ao 5 de maio, a Xunta restableceu o seu exercicio sen cumprir o plan de desconfinamento acordado polo Consello de Ministros do pasado 28 de abril, polo cal o restablecemento do exercicio desta actividade está previsto, á diferenza doutras actividades deportivas, para o 25 de maio. Este acordo autonómico contradí incluso a propia actividade da Xunta en canto ás súas propostas ao Goberno central sobre as distintas fases do desconfinamento. 

A Xunta fai unha interpretación propia da Orde SND/380/2020, do 30 de abril, sobre as condicións nas que se pode realizar actividade física non profesional ao aire libre durante a crise sanitaria, asimilando este tipo de actividade coa pesca fluvial recreativa. Sen embargo, na pesca fluvial interfiren outros factores alleos ao simple exercicio físico, como a afectación á biodiversidade, o uso do dominio público hidráulico, ou a súa propia especifidade como actividade de aproveitamento de recursos naturais, que deberan ser contemplados pola Xunta antes de ordear o seu restablecemento, polo que esta actividade non se pode asimilar en senso estrito a unha actividade física non profesional.

En todo caso, o exercicio das actividades recreativas ao aire libre debe practicarse no marco da Orde 380/2020, de 30 de abril, de forma individual, sen contacto con terceiros, mantendo a debida distancia e nas horas establecidas por idades, sempre dentro das limitacións de desprazamento permitidas. Así mesmo, tamén han de cumprir a Orde SND 388/2020, de 3 de maio, que só atinxe aos deportistas federados e só nas horas previstas e coa acreditación oportuna.

Unha actitude que favorece a confusión e a infracción entre os pescadores

Consideramos lamentable e perigosa a actitude da Xunta por canto está a favorecer que os afeccionados poidan estar incorrendo na infracción da normativa aprobada no estado de alarma, incluso chegándose ao suposto de precintar salmóns no Ulla esta semana cando a pesca aínda estaba suspendida. Foron amplamente difundidas nos medios de comunicación imaxes dos pescadores que capturaron os primeiros salmóns no Ulla e que nin tan sequera gardaban as debidas medidas de distanciamento e precaución.

As organizacións que subsriben este comunicado lembran ademáis que os ríos son a miúdo os límites entre provincias e municipios, o que pode dar lugar a unha maior confusión e incumprimento das normas vixentes.

Lonxe de promover o incumprimento das normas baixo a pandemia, a Xunta debería enfróntase a outros retos, como o de favorecer a restauración dos ecosistemas fluviais e a recuperación das poboacións de, entre outras especies, o salmón, a troita, a anguía e a lamprea, baixo criterios de pesca sen morte e o respeto do seu ciclo biolóxico e baseándose sempre en criterios científicos.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600