Feijóo sigue LOS PASOS DE AYUSO Y LA CRISPACIÓN dando palos de ciego con el dinero público a costa de la Pandemia, anula los TEST y el Sergas anuncia su segunda fase.

Información
Galicia | 09 Mayo 2020 | 2502 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

RIRUALASANCAETANO ELECCIONES PPDEGNúñez Feijóo decidiu frear a segunda parte da enquisa a 100.000 persoas para detectar coronavirus mediante test rápidos. 

SE REPITE LO DE AYUSO, LA CONSELLERÍA Y SERGAS VAN POR UN LADO Y FEIJÓO TOTALMENTE PERDIDO POR EL OTRO

SANIDADE PREPARA A SEGUNDA ONDA DE TESTS DE SEROROPREVALENCIA COA QUE COMPLETARÁ O ESTUDO AUTONÓMICO DA COVID-19..   Algún lector logra comprender el DESCONTROL Y FALTA DE UNIDIAD EN LA GESTIÓN DELCORONAVIRUS, que no tienen a la hora de remarcar las mascarillas del Gobiernod e España con el sello de la Xunta.

Ante a noticia de que Núñez Feijóo decidiu frear a segunda parte da enquisa a 100.000 persoas para detectar coronavirus mediante test rápidos, desde a  Asociacion  Galega para a Densa da Sanidade Pública, queremos comunicar:

1.- Esta enquisa non responde a un deseño estatístico serio e eficiente, xa que un numero moi inferior de probas sería estatisticamente suficiente para coñecer a extensión da infección entre a poboación

2.- A enquisa sobrecargou aínda máis a actividade dos Centros de Atención Primaria, especialmente do persoal de  enfermaria.

3.- Supón un gasto innecesario nun momento de grave crise sanitaria e económica que debería obrigar a concentrar os esforzos e o gasto nos problemas de saúde máis importantes,  como é a enorme mortalidade nas residencias de maiores en mans de fondos de investimento multinacional e organizacións dalgúns grupos eclesiais.

4.- Mentres levaban a cabo de maneira innecesaria estas miles de probas, unha boa parte do persoal sanitario segue sen realizalas,  poñendo así en risco a saúde de pacientes e a actividade dos centros.

5.- Rexeitamos esta basta utilización dunha gravísima crise sanitaria e social, coa única finalidade de obter réditos electorais. Resulta indignante e patético que a Xunta de Galicia gastara máis dun millón de euros para poñer o seu logotipo a unhas máscaras que se reparten á poboación.

Asociación Galega pàra a Defensa da Sanidade Público

SANIDADE PREPARA A SEGUNDA ONDA DE TESTS DE SEROROPREVALENCIA COA QUE COMPLETARÁ O ESTUDO AUTONÓMICO DA COVID-19SANIDADE PREPARA A SEGUNDA ONDA DE TESTS DE SEROROPREVALENCIA COA QUE COMPLETARÁ O ESTUDO AUTONÓMICO DA COVID-19
O total de persoas contactadas na primeira onda de test foi de 61.836Sanidade realizará outros 50.925 tests cos que completará o estudo autonómicoRespecto do estudo que desenvolve o Ministerio de Sanidade en Galicia foron 6.790 as persoas que participaron até o de agora
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2020.- A Consellería de Sanidade xa está a traballar na segunda das ondas que completará o estudo autonómico de seroprevalencia da Covid-19, coa que definirá con maior nitidez o mapa epidemiolóxico da comunidade galega.
O Instituto Galego de Estatística comezará a analizar a vindeira semana os resultados das 50.925 probas realizadas na primeira das súas fases. Unhas probas, para as que se precisou contactar con 61.836 persoas, e así rematar coa primeira das súas ondas. Por outra banda, e respecto do estudo que o Ministerio de Sanidade está a desenvolver a nivel nacional, en Galicia participaron un total de 6.790 persoas, até o de agora.
Despois de dar por finalizada a primeira das fases do estudo epidemiolóxico iniciado o pasado 23 de abril, Sanidade xa prepara outras 50.925 probas de seroprevalencia para realizarlle á poboación, e así poder analizar como foi a circulación do virus Sars-Cov-2, nas catro provincias galegas.
Con esta segunda fase, o departamento sanitario galego avanza na procura do triple obxectivo que se marcou no momento de comezar a análise autonómica, á hora de coñecer que incidencia tivo a Covid-19, de acordo ás variables de sexo, idade e territorio. Mediante esta nova recollida de información, o Sergas poderá afondar na monitorización e máis na evolución do coronavirus en Galicia, unhas accións que lle permitirán adoptar as medidas sanitarias máis axeitadas para combatela pandemia.
Máis de 61.836 persoas contactadas na primeira fase do estudoPara acadar as 50.925 mostras definidas na primeira das fases do estudo precisouse contactar con 61.836 persoas. Así, e atendendo ás diferentes variables, o número de mulleres da mostra supón o 49,19% e o dos homes o 50,81%. No que se refire á idade, os menores de 19 anos son o 15,84%; entre os 20 e os 64 anos son o 58,59%, e os maiores de 65 anos on o 25,28% do total.



Test avalados Os test de anticorpos totais utilizado para este traballo teñen o aval do Centro Nacional de Microbioloxia e do Instituto de Saúde Carlos III do Ministerio de Sanidade. Ademais, a Organización Mundial da Saúde recomenda este tipo de test rápidos so para estudos poboacionais e, en xeral, os descartan para o diagnóstico, coincidindo coa conclusión da Comisión de Expertos da Xunta de Galicia do pasado 8 de abril.
Remarcar que estes test de anticorpos totais dispoñen do marcado CE (requerimento de homologación europeo); obtendo un valor de sensibilidade do 64% cando non se coñece a data de inicio e aumentando a un 80% a partir dos 7 días do comezo da infección; e unha especificidade do 100%.
Subliñar, así mesmo, que a avaliación interna dos test realizada polo Sergas co obxectivo de confirmar os datos de validez dos mesmos (análise de sensibilidade e especificidade), son concordantes cos obtidos polo Instituto de Saúde Carlos III.
A Consellería de Sanidade agradece a colaboración tanto da poboación como dos profesionais que, nestas últimas dúas semanas, colaboraron na realización deste estudo que é fundamental para coñecer a circulación do virus en Galicia. 


SAÚDOS,GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE SANIDADE