ESQUERDA UNIDA ESIXE Á XUNTA DE EXPLICACIÓNS POLA PROPAGANDA INSTITUCIONAL NO REPARTO DE MÁSCARAS NAS FARMACIAS
ESQUERDA UNIDA ESIXE Á XUNTA DE EXPLICACIÓNS POLA PROPAGANDA INSTITUCIONAL NO REPARTO DE MÁSCARAS NAS FARMACIAS
Información
10 Mayo 20201666 votos - Registrate para votar
O pasado 24 de Abril o Consello da Xunta anunciou o reparto de máscaras protectoras nas farmacias a pensionistas con rendas inferiores a 18.000 euros, persoas en situación de risco de exclusión e persoas sen emprego.
Esquerda Unida entende que a decisión de facilitar este medio para evitar a transmisión do coronavirus é unha decisión positiva, sen embargo, denuncia que o feito de repartilo cun logotipo da Xunta de Galicia ben visible constitúe un acto claro de propaganda da institución autonómica a posiblemente só uns meses do proceso electoral.
Hai que lembrar que só dous meses atrás, antes de que fosen suspendidas as eleccións autonómicas, a Xunta Electoral xa reprendera á Xunta de Galicia por unha campaña publicitaria na que o lema era idéntico ao lema electoral de Alberto Núñez Feijóo, polo que a Xunta Electoral ordenara a súa retirada.
Non se trata pois da primeira vez que cun proceso electoral próximo se realiza un uso cuestionable da propaganda institucional, neste caso ademais cun elemento sensible como o é os medios contra o coronavirus e ademais dirixidos a colectivos vulnerables.
Esquerda Unida esixe que a Xunta de Galicia dea explicacións por esta propaganda, totalmente innecesaria e pide que os recursos económicos se concentren na adquisición das máscaras e materiais necesarios para loitar contra o coronavirus.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)