CCOO e UGT denuncian que a Consellería de Cultura e Turismo actua con incompetencia e irresponsabilidade, e pon en perigo a saúde do seu persoal

Información
Galicia | 17 Mayo 2020 | 1786 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Teresa Mallada ( PP ) imputada por corrupción despliega un foro ...CCOO e UGT presentarán denuncia ante a Inspección de Traballo polos reiterados incumprimentos da Consellería en materia de prevención de riscos co obxecto de garantir a saúde e seguridade dos traballadores e traballadoras dos arquivos, bibliotecas e museos.

 

17-05-2020.- Tal como establece o protocolo xeral de reincorporación do persoal da Xunta de Galicia, as distintas Consellerías están a enviar ás organizacións sindicais protocolos específicos para regular a progresiva reincorporación do seu persoal ao traballo presencial despois de varias semanas en réxime de teletraballo. Estes protocolos deben ser negociados coas organizacións sindicais e cos órganos de representación especializados en materia de saúde laboral (comités de seguridade e saúde laboral) co obxecto de acreditar o cumprimento das medidas preventivas preliminares a desenvolver antes de proceder á paulatina reincorporación dos traballadores e traballadoras.

Pois ben, UGT e CCOO denuncian que a Consellería de Cultura e Turismo vai por libre e semella ser o “verso solto” no conxunto da Xunta de Galicia xa que non só non negocia coas organizacións sindicais, senón que incumpre o propio protocolo establecido con carácter xeral pola Xunta de Galicia para regular a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial e para establecer as medidas de prevención fronte ao Covid- 19.

O sindicato xa se puxo en contacto coas instancias administrativas correspondentes para denunciar estes incumprimentos que son os que a continuación se relacionan:

  • Non houbo unha negociación real cos representantes dos traballadores para a elaboración do protocolo; non se contestaron as alegacións formuladas por este sindicato nin se tivo xuntanza previa ningunha para tratar de acadar o consenso necesario.

  • Non se convocou ao Comité de Saúde e Seguridade Laboral para concretar e verificar se foron implementadas todas as medidas preventivas que preceptivamente había que tomar antes da reincorporación e se estas se realizaron correctamente e tampouco temos constancia de que se teñan realizado as correspondentes adaptacións de postos e o resto de medidas organizativas que hai que levar a cabo para manter a distancia de seguridade dentro dos centros de traballo.

  • Non se esta respectando o principio fundamental que debe rexer a reincorporación como é o de progresividade, pois CCOO e UGT teñen constancia, por información trasladada polos traballadores (e non pola Consellería) que o vindeiro luns 18 está obrigada a incorporarse o 100% da plantilla de atención ao público. Para o sindicato é inadmisible que non se respecten as fases da desescalada no que á incorporación do persoal se refire e máxime se temos en conta que na primeira fase non haberá atención ao público nas bibliotecas e que no conxunto dos centros dependentes da Consellería o aforo estará limitado a un terzo da capacidade das súas instalacións.

  • UGT e CCOO tampouco teñen confirmación de que os arquivos, bibliotecas e museos dispoñan do subministro suficiente de xel hidroalcohólico, luvas, mascaras, pantallas, mámparas e demais material de protección necesario para garantir a seguridade e hixiene do persoal e dos usuarios e garantir as normas de distanciamento social no interior das instalacións.

  • O Informe da Secretaría Xeral Técnica, das medidas adoptadas en aplicación do protocolo polo que se establecen a reincorporación dos empregados públicos ao traballo presencial e as medidas de prevención fronte ao covid – 19, sobre a finalización das actuacións preliminares, non contempla a realización de ditas medidas en Arquivos, Bibliotecas e Museos.

Por todo o anterior CCOO e UGT, unha vez que a Consellería non tivo en conta as nosas alegacións e advertencias sobre o risco que supón reabrir os arquivos, bibliotecas e museos nestas condicións e coa finalidade de salvagardar a seguridade e a saúde dos usuarios e dos traballadores, presentará denuncia ante a Inspección de Traballo para que investigue os feitos denunciados e proceda, si fose o caso, a paralizar a actividade, levantando a correspondente acta de infracción. Así mesmo, e en función da resolución da Inspección de Traballo, non descartamos, acudir ao xulgado e denunciar aos responsables da Conselleira de Cultura e Turismo por presunto delito contra a seguridade dos traballadores/as, tal como esta tipificado na Lei de Prevención de Riscos Laborais.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600