Ante as declaracións de Nuñez Feijoo de que entre os seus plans esta reducir os salarios aos traballadorxs públicos como consecuencia da pandemia da COVID 19, dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP), queremos comunicar o seguinte:
1.- Resulta indignante que o pago polos riscos e sacrificios realizados polo persoal público durante esta pandemia, especialmente xs traballadorxs do sistema sanitario, sexa reducir o seu soldo, como xa fixo tras a crise do ano 2008.
2.- Este trato inxusto, enténdese pola falta de preocupación pola situación do persoal sanitario e non sanitario, sometido a situacións de elevado risco, atrasando a entrega dos equipos de protección individual (EPI) e a realización de probas diagnósticas o seu persoal, para descartar contaxios, ata o 25 de maio!
3.- Con todo, Núñez Feijoo e o PP, dedicaron importantes recursos económicos a realizar 100.000 probas, nunha enquisa mal deseñada e totalmente excesiva desde o punto de vista estatístico (as organizacións de AP a rechazaron), cuxos primeiros resultados deberían obrigar a paralizala, evitando o dispendio de diñeiro público, por ser totalmente innecesario, evitando a sobrecarga do persoal (sobre todo de enfermaría). Outra medida electoralista e de coste inxustificado foi a entrega de mascarillas co logotipo da Xunta de Galicia. O sr. Feijoo, leva en campaña electoral tres meses, e incluso chegou a dicir que “valoraba o traballo do persoal sanitario e non sanitario”, neste senso denunciamos a manipulación da CRTVG, como voceira do Sr. Feijoo.
4.- Ademáis, o actual presidente da Xunta, paralizou a actividade de plantas enteiras dos Hospitais Públicos, precarizou a actividade asistencial dxs traballadorxs, derivando xs doentes aos centros privados en mans de multinacionais. Aínda por riba, pretende que a factura por estes servizos, se pague cos fondos públicos do Goberno Central que ten destinados a recuperar o Sistema Sanitario Público tras a pandemia.
6.- Esperamos que xs profesionais do Sistema Sanitario Público en Galicia, xunto cxs Pensionistas, xs enfermxs crónicos e as persoas relacionadas cas Residencias de Maiores e Discapacidade, así como a poboación en xeral, tomen boa nota, ante a nova convocatoria electoral.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública