O SERGAS e as empresas SSC e Ambulancias María Pita investigadas por un delito contra a seguridade e hixiene no traballo tras a denuncia da CNT
Feijóo destinó varios millones de euros a una empresa cuyo fundador fue imputado por pertenencia a banda criminal organizada a la que se destinaron fondos públicos para financiar una trama piramidal de mascarillas falsificadas con el sello de la Unión Europea distriuídas enter el personal sanitario de l Sergas con la connivencia del servicio jurídico en la que desarrolla sus funciones Rafael Álvaro Millan Calenti a cuyo informe si es que lo hay, no se pudo acceder ante la negativa institucional ainformar...+
- O Xulgado de Instrución nº5 da Coruña imputa aos representantes do servizos sanitarios de emerxencias da UTE Servicios Sanitarios de la Coruña-Ambulancias María Pita tras a denuncia presentada pola CNT.
- A empresa encargada dos traslados sanitarios na zona da Coruña puxo en risco a toda a poboación do entorno ao incumprir os protocolos de seguridade e sanidade fronte ao COVID-19
- O sindicato ven denunciando dende principios de ano unha serie de incumprimentos que contra os traballadores e traballadoras do servizo e fronte aos riscos contra a poboación do entorno....+
A empresa concesionaria do transporte de emerxencias sanitaria na área da Coruña, UTE Servicios Sanitarios de La Coruña-Ambulancias María Pita, incumpre de forma sistemática todos os protocolos e normativa de prevención de riscos. Os traslados aos que son forzados a realizar os traballadores e traballadoras afiliados á CNT supoñen o uso de ambulancias colectivas para usuarios que deberían ir illados en ambulancias de transporte individual. Deste xeito, pacientes contaxiados con COVID19 puideron ter viaxado de forma conxunta con outros pacientes dentro do mesmo habitáculo. Isto supón un risco grave para a saúde de todos os habitantes do entorno ao aumentar as posibilidades de contaxio entre a poboación. En moitas ocasión, ademais, os propios traballadores e traballadoras do entorno son obrigados a seguir traballando sen realizar a pertinente desinfección da ambulancia.
Ante as peticións do persoal do servizo da posta a disposición das ambulancias adecuadas para estes traslados e a entrega de todos os Equipos de Protección Individuais (EPI´s) a resposta do administrador da UTE, Álvaro Alonso Fernández, foi sempre unha negativa. Agora, a demanda e admitida a trámite polo Xulgado quen considera a imputación dos representantes legais da empresa concesionaria, Álvaro Alonso Fernández e Maximiliano Alonso Sánchez, a supervisora do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC), Mercedes Fernández Jover, e a responsable da empresa, Mar Sande. Estas persoas terán que responder ante a xustiza dos seus actos que teñen aínda hoxe nunha situación grave de risco de contaxio a todos os habitantes da área da Coruña.
Dende a CNT xa se denunciou ante a fiscalía, incluso moito antes da declaración da Emerxencia Sanitaria, a práctica de trasladar colectivamente pacientes con enfermidades infecto-contaxiosas. Sen embargo, a fiscalía rexeitou, sen motivación de ningún tipo, abrir unha investigación. Os avisos sobre as prácticas da empresa que se lanzaron dende o sindicato poderían ter evitado o elevado número de casos de COVID19 que tiveron lugar na Galiza durante a época da Emerxencia Sanitaria e mesmamente agora coa situación límite que estamos a vivir na provincia da Coruña.