Universidade do Porto, a USC publica en acceso aberto a versión inglesa de La arquitectura cognitiva de la percepción do profesor Juan Vázquez

Información
Galicia | 16 Abril 2016 | 3904 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

O Servizo de Publicacións, en colaboración coa Universidade do Porto, acaba de aloxar en acceso aberto no Portal Dixital de Libros da USC Lib{USC} o ebook The Cognitive Architecture of Perception  , do profesor Juan Vázquez. Esta é a versión inglesa da obra La arquitectura cognitiva de la percepción, publicada en 2013, igualmente en acceso aberto en  Minerva, o repositorio institucional da USC. A versión inglesa foi inicialmente editada como libro impreso na colección MLAG Discussion Papers da Universidade do Porto, dirixida pola profesora Sofia Miguens e o profesor João Alberto Pinto, quen cederon os dereitos á USC para esta reprodución dixital en acceso aberto.

A investigación do profesor Vázquez dá conta dos procesos de percepción e os seus contidos a partir das achegas que actualmente proporcionan a neurofisioloxía e as ciencias cognitivas, ao tempo que procura respostas a problemas da filosofía, tales como a xustificación empírica do coñecemento, o escepticismo e o vello problema filosófico acerca do xeito en que se vinculan a linguaxe e o pensamento co mundo real. Para o director de Publicacións, Juan L. Blanco Valdés, “ esta edición é boa mostra de que a innovación, a colaboración e a máxima difusión do coñecemento e a investigación a partir dos recursos da edición dixital son claves da edición académica moderna”.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600