ESÍXELLE AO PP QUE DESBLOQUEE O NOMEAMENTO DO DIRECTOR XERAL DA CRTVG POLO PARLAMENTO CUMPRINDO COA LEI DE MEDIOS PÚBLICOS DE COMUNICACIÓN

Información
Galicia | 19 Septiembre 2020 | 1295 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

El comisario de Mar Sánchez Sierra en la CRTVG se gasta 70.000 euros en  reformar sus aposentos, y 7.000 en el retrete de 3 metros según la factura  "endiñada" al contribuyente por

Noa Díaz lembra que o Goberno galego está a incumprir esta norma dende hai 9 anos, cun único director xeral escollido sen ter sido sometido a elección pola Cámara

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2020. A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Control á CRTVG, Noa Díaz, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle ao PP e ao Goberno galego que desbloqueen o nomeamento do director xeral da CRTVG por maioría parlamentaria, tal e como figura na Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual.

 

A responsable socialista lembra que o Goberno galego leva 9 anos incumprindo a Lei Autonómica ao impedirlle ao Lexislativo que cumpra co seu cometido de escoller ao responsable do ente autonómico. A responsable socialista sinala que o cargo leva sendo ocupado por Sánchez Izquierdo dende maio de 2009 sen que fora sometido a elección pola Cámara.

A súa designación debera terse producido seis meses despois da aprobación da normativa, que tivo lugar en novembro de 2011, “pero é que tampouco se someteu a elección en 2015, cando se anovou o Consello de Administración”.Viernes negros, condena por vulnerar la huelga del 8-M y dimisiones de  presentadores: a Feijóo se le incendia TVG

Díaz sinala que “121 Venres Negros despois, sen a creación do Consello de Informativos da CRTVG e a aprobación do Estatuto Profesional, o ente público seque sen dar cumprimento a unha Lei que garanta a imparcialidade e a transparencia, cercenando así á vez o dereito de tódolos galegos e galegas a unha información veraz”.