Información
Galicia

Mariscadores/as da Ría do Burgo reclaman a Rosa Quintana que deixe ver o proxecto final do dragado, as licitacións e a non esconder as compensacións.

Información
20 Septiembre 2020 495 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Pladesemapesga informa que las pretensiones de Rosa Quintana y Patrones  Mayores de cerrar Cofradías y prohibir salir los barcos de pesca podrían  ser un delito penal perseguible de oficio. - Xornal Galicia

Representantes da agrupación de mariscadores/as da Ría do Burgo concentráronse este venres diante da Delegación do Goberno para esixir unha solución definitiva ante o continuado atraso na posta en marcha do plan de dragado e rexeneración da ría. Tres anos despois de rematar o período de presentación de alegacións, o colectivo segue sen recibir resposta da administración, mentres se agarda unha data para a licitación das obras sen que se coñeza cal é o proxecto final.

 

Manuel Baldomir, voceiro do colectivo de mariscadores/as de a pé, denuncia que os continuados conflitos entre a administración estatal e a autonómica teñen provocado unha demora inxustifica do dragado da Ría do Burgo, deteriorándose cada vez máis esta zona e perdéndose unha actividade marisqueira moi importante. "Pedímoslle a Xunta e ao Goberno español que movan ficha e se deixen de disputas, porque teñen os fondos europeos para sacar adiante o proxecto, que liciten dunha vez por todas o dragado da ría do Burgo e que nos respondan as alegacións presentadas", demandou Baldomir.

Por iso, ademais da concentración, remitiron escritos ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e á Delegación do Goberno demandando que se  resolvan de inmediato todos os trámites administrativos e as dotacións orzamentarias necesarias para a licitación e arranque das obras; e que o proxecto contemple "o contido das alegacións presentadas no seu día pola Confradía de Pescadores da Coruña e de forma conxunta por todos os integrantes da  Mesa da Ría (Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo e concellos de Oleiros, A Coruña, Cambre e Culleredo)".  

Neste senso, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, que tamén participou da protesta, subliñou que o contido  das alegacións está plenamente vixente, tendo en conta que se referían ás cuestións como orzamento e prazos de execución; o plano de actuación xa que hai zonas do dragado que non se comtemplan; as solucións e compensacións ás persoas adicadas ao marisqueo ante a imposibilidade de simultanear os traballos da obra e da actividade produtiva; a elaboración dun plano de vixilancia, restauración ecolóxica e protección do ecosistema, posto que se van mover grandes cantidades de lodos; así como a creación dunha comisión de  seguimento con carácter previo ao inicio das obras.

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, valora positivamente que a Comisión Europea asegure que seguirá de cerca o dragado da ría do Burgo, -tal e como trasladou nun comunicado a Comisión de Peticións á Confraría de Pescadores da Coruña-, e subliña que o Bloque en Europa seguirá presionando para que o saneamento integral desta ría “sexa unha realidade” e non se produzan máis retrasos inxustificados.

“No BNG en Europa conseguimos que dúas delegacións internacionais visitaran a ría do Burgo para comprobar o seu estado e que na Comisión de Peticións interviñeran representantes dos colectivos de afectados en xaneiro de 2019, así que non imos parar até conseguir o seu saneamento integral”, salienta Ana Miranda, quen mantén un contacto continuado coa Confraría de Pescadores da Coruña e diversos os colectivos non só sobre a situación da denuncia presentada na Comisión de Peticións, senón tamén sobre as súas condicións laborais.

A actuación conta cun 80% de fondos europeos, chegando aos 36 millóns de euros dos 46 millóns que suporá a execución total da obra, cuxa xestión debe asumir o Estado, ao igual que o custe restante. Desta forma, segundo Ana Miranda “existindo os fondos non pode haber máis retrasos inxustificados por parte de PP e PSOE que impidan a limpeza dos lodos contaminados e a rexeneración integral da ría”.

Recuperación medioambiental e laboral

Segundo destaca a portavoz do BNG en Europa, o saneamento da ría do Burgo suporá un importante paso de recuperación medioambiental que implica a mellora da calidade das augas, cumprimento así a Directiva Marco da Auga. A propia Comisión recoñece que “a capa de lodo contaminado que se depositou na parte superior do fondo do estuario tras décadas de vertidos incontrolados sigue tendo consecuencias prexudiciais importantes para os ecosistemas e os medios de subsistencia dos recolectores de moluscos restantes”.

Esta mellora da calidade das augas permitirá, asemade, recuperar os postos de traballo perdidos nestes anos no sector da pesca e o marisqueo. Neste sentido Miranda lembra que O Burgo chegou a contar con máis de 2.000 mariscadoras e mariscadores en activo, mentres que na actualizade son menos de cen persoas as que realizan as actividades extractivas. “No BNG estaremos vixiantes a que os fondos europeos se executen correctamente e poidamos ver os froitos da recuperación da ría do Burgo”, conclúe.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago