Feijóo esta utilizando a súa maioría para evitar a CALQUER PRECIO que se investiguen as mortes das residencias da terceira idade dos 20.000 MAIORES QUE ESTÁN NESTES CENTROS que ainda non morreron

Información
Galicia | 21 Septiembre 2020 | 1438 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

El historial de Teresa Mallada-Miguel Tellado no es el mejor aval para  investigar a Feijóo, Chefi y las residencias DOOMUS VI y sus fallecidos. -  Xornal GaliciaGONZALO CABALLERO URXE A FEIJÓO A “LEVANTAR O VETO” SOBRE A COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN DA COVID NAS RESIDENCIAS: “TEMOS QUE PROTEXER AOS MÁIS DE 20.000 MAIORES QUE ESTÁN NESTES CENTROS”

O secretario xeral do PSdeG sinala a “improvisación” da Xunta para afrontar a volta ao cole cando o comité de expertos comeza a funcionar dez días despois do inicio das clases

 

Santiago, 21 de setembro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, urxiu hoxe a Feijóo a que “levante o veto” que impuxo sobre a comisión de investigación relativa aos contaxios masivos nas residencias de maiores durante a primeira vaga da covid.Mallada presenta: los gritos desgarradores en la Fonte os Cabalos tras  anunciar la Comisión de Investigación de las residencias DomusVi-Feijóo -  Xornal Galicia

Temos que protexer aos máis de 20.000 persoas maiores que están nestes centros”, sinalou Gonzalo Caballero, quen explicou que a iniciativa que o PSdeG leva ao pleno neste sentido ten carácter “constructivo e propositivo”, enfocada á posta en marcha de medidas de protección e prevención.

Precisamente por iso, nun momento no que “vemos que a situación das residencias segue sendo preocupante”, con contaxios masivos nos xeriátricos do Incio e Outeiro de Rei, así como o máis recente de Culleredo, o líder do PSdeG incidiu na importancia de sacar adiante esta comisión. “Porque os mecanismos de protección aínda son insuficientes”, argumentou.

Quedan 24 horas para o primeiro pleno da lexislatura, que o PP mude a súa posición e facilite a investigación”, recalcou Gonzalo Caballero, para apelar á construción de “grandes consensos” en torno ao modelo de atención aos nosos maiores.

VOLTA AO COLEEl dinero de la Xunta alimenta sociedades offshore a través de las  Residencias de Ancianos DomusVI cuya Consejera es Chefi - Xornal Galicia

Ademais, o secretario xeral deu conta de que o PSdeG levará á sesión plenaria diversas iniciativas sobre a xestión sanitaria da covid, sobre a necesidade de apoiar ao tecido produtivo de Galicia ante esta crise e tamén sobre a volta ás aulas.

Tras indicar que a interpelación ao conselleiro do ramo non poderá substanciarse debido á súa situación de corentena, Gonzalo Caballero profundou na “preocupación” existente nas familias e na comunidade educativa porque a Xunta “non fixo o seu traballo”.

Proba diso, esgrimiu, é o feito de que a única decisión relevante da Xunta de cara ao inicio do curso foi o cambio de conselleiro. Exemplificou a “inacción” e a “improvisación” da Xunta en que o comité de expertos para asesorar neste eido bota hoxe a andar, 10 días despois da volta ao cole

.Futura Capilla Santo Frijol en Os Peares, haz tu donativo - Xornal Galicia

A Xunta está sen rumbo en materia educativa”, evidenciou o máximo dirixente do PSdeG, quen engadiu como unha nova proba do “suspenso” do goberno galego nesta materia é “a cadea de promesas de contratación de docentes” feita polo propio Feijóo. “Primeiro anunciou 250, despois 1.000 e agora 1.800, logo de dicir que non tiña capacidade orzamentaria para facelo”, recordou do debate de investidura

.JÁCOME EN SU DESESPERACIÓN DEJA DE INFORMAR A LA CIUDADANÍA PARA QUE NO SE  ENTERE DE LO QUE PASA EN LA CIUDAD - Xornal Galicia