Xuízo contra Zara por vulnerar a liberdade sindical e o dereito á dignidade dunha traballadora

Información
Galicia 25 Septiembre 2020 1139 votos - Registrate para votar

Los tentáculos de Villarejo llegan hasta FeijóoO vindeiro mércores, día 30 de setembro, celebrarase o xuízo contra Zara por vulnerar a liberdade sindical e o dereito á dignidade de Carmiña Naveiro, presidenta do comité de empresa, que foi expulsada do seu centro de traballo pola policía tras negarse a aceptar a modificación unilateral de horarios decidida pola empresa. A vista dará comezo ás 12:00 horas e media hora antes, compañeiras e compañeiros concentraranse diante dos xulgados de Fontiñas en apoio á representante da CIG.

La pareja del presidente gallego, Eva Cárdenas, abandona Zara Home. Mientras, los tentáculos de Villarejo llegan hasta Núñez Feijóo..+

O luns 11 de maio, Inditex comunicaba a súa decisión de modificar os horarios de todo o persoal do grupo, de xeito de unilateral. Unha decisión que incluía tamén ás traballadoras que tiñan recoñecida a redución de xornada por coidado de crianzas, o que a CIG denunciou como un ataque directo contra o dereito á conciliación da vida laboral e familiar.

 

Ao día seguinte, martes 12 de maio, como consecuencia deste cambio unilateral do horario laboral, a traballadora e presidenta do comité de empresa de Zara na provincia da Coruña, Carmiña Naveiro, era expulsada do seu centro de traballo por, nin máis nin menos que seis homes armados: dous gardas de seguridade e catro policías.

Os feitos

Naveiro atopábase desenvolvendo o seu labor na quenda de tarde, cando a empresa lle comunicou que tiña que marchar ás 20:15 horas, en lugar de ás 22:30 horas, cando remataba o horario habitual. 

Diante disto, a traballadora solicitou que se lle comunicara por escrito, porque do contrario non ía abandonar o seu posto de traballo. A empresa negouse a facelo e chamou a policía para que a expulsasen da tenda. Cando chegaron ela, a pesar das coaccións, reiterou a súa negativa a abandonar o posto de traballo até que recibiu a comunicación por escrito.

Naquel momento Naveiro denunciou a dobre moral de Inditex, que por un lado fai doazóns e, polo outro, “amparándose no estado de alarma, modifica a xornada do seu persoal e chama a policía para obrigar as súas traballadoras a abandonar o seu posto, aplicando a represión contra elas e as súas representantes”.

Ademais lembra que “o estado de alarma non suspendía os nosos dereitos laborais e de liberdade sindical; as traballadoras non podemos permitir que os nosos dereitos morran por culpa do coronavirus”. 

Diante desta acción, a CIG presentou denuncia contra Zara e o día 30 terá lugar o xuízo. A central sindical chama a sumarse á concentración convocada para as 11:30 horas en apoio a Carmiña Naveiro e do dereito á dignidade de todas as traballadoras fronte aos abusos empresariais

En Xornal Galicia nos gustaría recibir tu Opinión ?

Envíanos tus comentarios..!


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600