Imprimir

Marina Ortega sinala que a Xunta “está fallando incluso nas súas residencias de xestión directa de maiores” e reclama “máis recursos humanos e materiais” ante unha situación “moi grave”

Información
Galicia | 25 Octubre 2020 | 2178 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

chanchuyosyrechanchuyosconselleirosanidadenlasombrasegunJoseLuisJimenezABCA secretaria de Política Social do PSdeG, Marina Ortega, urxiu hoxe á Xunta a que tome medidas nas residencias de maiores ante a aparición de máis de 50 contaxios “nun só día” no xeriátrico de Barbadás.A secretaria de Política Social do PSdeG, Marina Ortega, urxiu hoxe á Xunta a que tome medidas nas residencias de maiores ante a aparición de máis de 50 contaxios “nun só día” no xeriátrico de Barbadás.


Trátase, como remarcou a dirixente socialista, dunha residencia pública e de xestión directa da Xunta, polo que este brote pon de manifesto que “están fallando os protocolos da Consellería de Política Social, que ten a responsabilidade de garantir a seguridade sanitaria dos nosos maiores”.
“Despois do que aconteceu na primeira vaga da pandemia, a Xunta xa debería ter tomadas todas as medidas de precaución para evitar contaxios masivos”, incidiu Marina Ortega, para quen é “moi grave” o que está ocorrendo.
Tras facer fincapé en que a Xunta “está fallando incluso nas súas residencias de xestión directa”, a responsable de Política Social do PSdeG reclamou un reforzo nos recursos humanos e materiais dos centros de maiores.lasprotegidasdelpresidente
“De xeito urxente e inmediato, a Xunta debe incrementar o persoal de atención aos maiores nos centros”, subliñou, consciente da importancia de “protexer ás traballadoras e aos usuarios das residencias”.
Neste escenario, Marina Ortega requiriu á conselleira de Política Social que compareza “inmediatamente” no Parlamento para dar conta do que está sucedendo.

Categoría: Galicia
Visto: 2178