Navantia publicou onte, martes 27, as listas provisorias da 3ª proba (exame teórico-práctico) da convocatoria de prazas de operarios e empregados júnior 2019.
Só se publicaron as listas de seis especialidades. Outras tres (Asistencia á dirección, Bacharelato e Mecatrónica) quedaron pendentes.
A causa disto é que entre os APROBADOS destas tres especialidades hai persoas que na 2ª proba (test psicotécnico) obtiveron un resultado que a empresa calificou como “llamativo”. (O que non se sabe é que lle chama a atención, aínda que nolo podemos imaxinar). Navantia pretende que, antes de decidir se lles dá unha praza ou non, estas persoas teñan que pasar por unha entrevista persoal.
A CGT rexeita totalmente toda proba de acceso NON OBXECTIVA (tests de personalidade, entrevistas persoais...).
O que pretende Navantia é trasladar ás prazas de operarios e empregados o modelo de selección SUBXECTIVO, ARBITRARIO E SEN TRANSPARENCIA que utiliza historicamente nas prazas de técnicos superiores, tamén nas que están saíndo nos últimos meses.
Ademais, neste caso concreto a entrevista persoal representaría unha violación das bases da convocatoria porque non está contemplada nas mesmas.
A pretensión de Navantia equivale tamén a aplicar retroactivamente o resultado da 2ª proba... a persoas que xa fixeron e aprobaron a 3ª. IMPRESENTABLE!!!
Esiximos a PUBLICACIÓN INMEDIATA DAS LISTAS PENDENTES E A CONTINUACIÓN DO PROCESO.
Isto non pasaría se CCOO, MAS e UGT, que constitúen a maioría sindical do comité de empresa, en vez de aceptar, como fixeron, esta aberración, defendesen uns procesos de selección baseados exclusivamente en probas obxectivas e nos principios de igualdade, mérito e capacidade.
Non facelo significa que as cousas poden descorrer por canles non previstas, como xa lles pasou con toda a argallada do baremo e a nota de corte da 1ª proba.
Feijóo y Mar Sánchez Sierra orquestan sociedades OFF ...
xornalgalicia.com › 15535-feijoo-y-mar-sanchez-sierra...
11 ago. 2020 — Feijóo y Mar Sánchez Sierra orquestan sociedades OFF SHORE con 1 ... + cuando mueven millones, una exclusiva de Xornal Galicia, que ...
EL RETIRO Y JUBILACIÓN DE FEIJÓO Y MARÍA DEL MAR ...
xornalgalicia.com › 15697-el-retiro-y-jubilacion-de-feij...
11 sept. 2020 — Dolce Cruise Management y Astilleros Barreras ( más allá de Feijoo y Mar, Barreras es ... Xornal de Galicia para el Mundo - Día euro-marroquí de las lenguas ... La trama de las OFF SHORE de Barreras también actuó con las ...