Imprimir

CONTAXIOS MASIVOS NAS RESIDENCIAS DE CERVO E RIBADAVIA TUTELADAS DA XUNTA MENTRES FEIJÓO ANDA DANDO TUMBOS POR O PP NACIONAL, PERDIDO E SEN RUMBO BAIXO AS ORIENTACIÓNS DE MARIA DEL MAR

Información
Galicia | 03 Noviembre 2020 | 2116 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 Xornal de Galicia para el Mundo - Fallece Eugene Cernan, el último hombre  en caminar sobre la superficie lunar.

Marina Ortega exise que se achegue información sobre “protocolos adoptados” e “parámetros obxectivos” para a toma decisións na Residencia de Maiores de Cervo

Reclama que a Xunta “dea a coñecer á cidadanía os criterios obxectivos e o tempo no que se basea para intervir” centros como a Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia

 

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020. A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, vén de reclamarlle á Xunta, a través dunha batería de iniciativas parlamentarias, que responda na Cámara da súa xestión nas residencias de Ribadavia e Cervo, as últimas nas que se rexistraron contaxios masivos nas últimas xornadas, á vista de que os protocolos de protección dos maiores “están fallando”.

En concreto, Ortega esixe que se achegue información sobre os “protocolos adoptados” e os “parámetros obxectivos” seguidos para a toma decisións na residencia de maiores de Cervo, na cal nas últimas horas “houbo casos masivos”. 

Ademais, a deputada socialista reclama que a Xunta “dea a coñecer á cidadanía os criterios obxectivos e o tempo no que se basea para intervir” centros de atención residencial como a Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia.

Neste senso, urxe á Consellería a “tomar medidas” para “garantir o aumento na ratio de persoal dos centros de xeito inmediato”, así como “axilizar un protocolo que permita illar do propio centro coa maior brevidade posible aos positivos detectados”.Xornal de Galicia para el Mundo - CAMINO DE LA “BANCARROTA MORAL”

A responsable socialista alerta de que, durante a primeira onda, “o maior agravio provocado polo virus deuse nas residencias de maiores e, como vítimas directas, as persoas maiores residentes nas mesmas”. Ademais, lamenta que “a porcentaxe de contaxios maior foi naqueles centros de atención residencias de carácter privado e cun maior número de ocupación”.El dinero de la Xunta alimenta sociedades offshore a través de las  Residencias de Ancianos DomusVI cuya Consejera es Chefi - Xornal Galicia

Por todo isto, Ortega considera “imprescindible abordar a cuestión de xeito transversal e coordinado”, xa que “estamos en novembro, e son numerosos xa os centros de atención residencial afectados pola covid sen control”. Así, lamenta que “se está a chegar a casos abruptos que invaden a práctica totalidade das residencias afectadas, sen cambios significativos nos protocolos de actuación respecto á primeira onda da pandemia”.Mallada presenta: los gritos desgarradores en la Fonte os Cabalos tras  anunciar la Comisión de Investigación de las residencias DomusVi-Feijóo -  Xornal Galicia

Por último, Ortega apunta que, malia que o Grupo Socialista presentou unha batería de iniciativas para poder obter datos do que está a acontecer nas residencias de maiores durante esta segunda onda, porque “non existe información clara ao respecto” por parte da Consellería de Política Social.

Categoría: Galicia
Visto: 2116