O GRUPO SOCIALISTA ALERTA DE QUE A XESTIÓN DA XUNTA SITÚA A GALICIA Á COLA DO ESTADO EN MATERIA DE TRANSPARENCIA E LOITA CONTRA A CORRUPCIÓN

Información
Galicia | 13 Noviembre 2020 | 1627 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Paloma Castro denuncia que a Xunta “anuncia melloras en transparencia para despois situarse contra as medidas de control efectivo da corrupción”

 

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020. A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Paloma Castro, alertou hoxe de que a xestión da Xunta ten situado a Galicia á cola do Estado en materia de transparencia e loita contra a corrupción. Castro presentou unha pregunta oral en Comisión parlamentaria na que evidenciou o fracaso do goberno galego no cumprimento dos 17 Obxectivos 2030 da ONU para un mundo máis xusto e sostible.

Puxo o acento sobre o incumprimento do obxectivo 16, que alude explicitamente á política de transparencia e que confronta a publicidade da Xunta sobre supostas melloras en transparencia, rendición de contas ou eficacia coa realidade do seu incumprimento. Sinalou que a transparencia é “unha materia pendente”, polo que “precisamos establecer canles e instrumentos de participación colectiva na acción política, e abrir as xanelas para evitar corruptelas e clientelismos”.

A responsable socialista reclamou unha maior transparencia, revisando os procedementos internos para garantir a eficacia da administración e mellorando as capacidades da Xunta “nun marco constitucional e igualitario”. Apuntou que “compre rexenerar os mecanismos de rendición de contas e de transparencia, así como de corresponsabilidade da cidadanía nas decisións políticas”, así como impulsar o autogoberno e a democracia participativa, e reducir a burocracia.

Sinalou que “hoxe máis que nunca a cidadanía é o actor preponderante de calquera sistema, esixindo mecanismos directos de participación na proposta, deliberación e toma de decisións dos proxectos políticos”, o que require “unha información precisa e ampla”.El diario El Universal de México apunta a Feijóo y Mar Sánchez como  responsables de la ocultación en la Costa del Sol de Lozoya exdirector de  Pemex - Xornal Galicia

Medio Ambiente

Paloma Castro afeoulle ao goberno galego a falla de interese no cumprimento destes obxectivos asinados o 25 de setembro de 2015 para o desenvolvemento sostible dende un punto de vista social, económico e ambiental. Ademais da situación da transparencia, explicou, Galicia é o farol vermello en aspectos como a protección dos ecosistemas terrestres, mariños e protección da diversidade biolóxica.

Criticou que a Xunta de Galicia “considera o territorio e o medio como uns recursos a explotar, sen ningún tipo de consideración de sustentabilidade, facendo unha política medioambiental meramente formal e de escaparate”. Criticou que os gobernos de Feijóo “foron absolutamente pasivos na protección do medio ambiente”, mentres “o medio rural languidece por unha falla absoluta de estratexia nin rumbo definido”.

Lembrou que o goberno galego constituíu en xaneiro de 2019 unha comisión interdepartamental precisamente para acadar o cumprimento dos obxectivos, que logo de 2 anos “descoñecemos se se reuniu ou se cumpriu algunha das súas funcións fundacionais.Exclusiva; Feijóo según fuentes de Xornal Galicia retoma la gestión de Pemex  y pretende clonarla en Asturias junto al Consul de México y Jose Suárez el  "El Atunero" con un barco de

Así, explicou, “descoñecemos se propuxeron novas accións para o cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible, se propuxeron medidas a outras administracións e organismos ou se están a elaborar o informe de seguimento da Axenda 203 en Galicia, que deberan presentar no Parlamento cada 2 anos”.