Imprimir

A situación do sector turístico en Galicia, especialmente o das Axencias de Viaxes, é moi crítica por a xestión de Feijóo e as fake news de turismo de Mar Sánchez Sierra

Información
Galicia | 23 Noviembre 2020 | 1674 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image
La publicidad de María del Mar Sánchez Sierra con fondos públicos provoca  el desplome de más de un 13,5% del empleo en el sector turístico en Galicia  - Xornal Galicia
Dende a PADVG, Asociación Plataforma en Defensa polas Axencias de Viaxes de Galicia, convocamos unha concentración en Santiago de Compostela para o vindeiro mércores 25 de novembro as 11:00h diante do Parlamento de Galicia, á cal vos queremos convidar.
A situación do sector turístico en Galicia, especialmente o das Axencias de Viaxes, é moi crítica. A maioría delas estamos ao borde do peche definitivo, moitas tuvemos que pechar os nosos locales e intentamos sobrevivir como online. 
As axencias de viaxes non temos ventas dende marzo e a esto sumamos as pérdidas debido as devolucións de todos os viaxes vendidos en 2019 para viaxar este 2020, é decir, unha gran parte da campaña de venta anticipada perdeuse. Con nos, arrastramos tamén a outros subsectores da nosa industria, moitos deles proveedores de servicios das viaxes que se organizan dende as axencias: autocares, guías turísticas, empresas de actividades turísticas, comerciais do sector, aloxamentos, empresas de eventos, cultura, etc.  
A esto sumamos ó endebedemento ao que estamos sometidas polos grandes proveedores como aeroliñas e maioristas. Claro exemplo é Globalia, empresa da familia Hidalgo a que se lle inxectou este ano máis de 1.100 millóns de euros de rescate entre Globalia, Halcón Viajes e Air Europa, a cal segue sen devolver os cartos nin a axencias nin a pasaxeiros, ademáis de atrapar a novos clientes coas cancelacións constantes que están facendo. 
Os nosos problemas non rematan aquí, agora está en xogo ademáis a renovación das nosas licencias de turismo que a Xunta de Galicia nos obliga a ter. Moitas axencias estamos recibindo por parte das aseguradoras que non van a renovarnos os seguros de RC e Caución obligatorios, ou que sí o farán pero rebaixando as coberturas e subindo un mínimo dun 15% as primas. Esto pode provocar que perdamos as nosas licencias de actividade e polo tanto non poder manter, tanto os nosos postos autónomos, como os dos nosos empregados. 
Dende a PADVG solicitamos a Xunta de Galicia un plan de rescate específico para as axencias de viaxes galegas. Tanto o programa "Elixe Galicia" como os proxectos promovidos dende o "Plan de Reactivación de turismo e cultura de Galicia", non son suficientes e non abarcan á totalidade das axencias. 
Adxunto a esta explicación un arquivo donde explicamos máis en profundidade a situación que temos. 
Rogamosvos que nos acompañedes o próximo mércores 25, para que de forma directa, vos poidamos contar mellor a situación tan crítica que estamos a vivir.
Categoría: Galicia
Visto: 1674