Feijóo usa as presidencias dos portos galegos como premio á fidelidade de exaltos cargos do PPdeG

Información
Galicia | 05 Diciembre 2020 | 1643 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Benvido a Tribuna de Galicia, un medio de comunicación que ten como sentido  da súa existencia un sinxela pero poderosa razón: contar a verdade. -  Feijóo y Mar Sánchez poneros a temblarPodemos Galicia esixe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que cese no inmediato de empregar organismos públicos como axencias privadas de recolocación de emprego para sentar a ex altos cargos do PPdeG como está a acontecer na presidencia dos portos de Galicia.

 

“A Xunta de Feijóo está a facer un uso descarado e nepótico das institucións públicas valéndose delas como una sorte de empresas de traballo temporal nas que recolocar a exdirixentes do PP de Galicia cun dobre obxectivo: premiar a súa fidelidade ao presidente e asegurarse que sirvan aos intereses partidistas”, afirma Antón Gómez Reino, deputado no Congreso e Secretario Xeral de Podemos Galicia.

O Boletín Oficial do Estado deste xoves 3 de decembro fixo públicos os nomeamentos de catro novos presidentes á fronte das radas galegas da Coruña, Ferrol, Vilagarcía e Vigo. Tres dos catro son persoas directamente vinculadas á órbita do presidente Feijóo, con experiencia na xestión política e urbanística pero non portuaria, o que deixa ben ás claras a intención da Xunta de ter baixo control os peiraos.

É o caso do exconselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña, chivo expiatorio do Goberno galego na primeira vaga da pandemia da Covid-19 ao que se recoloca á fronte do porto de Vigo. Tamén do exdirector de Urbanismo da Xunta e concelleiro popular na Coruña, Martín Fernández Prado, que toma o mando na rada coruñesa logo de ser a persoa que propiciara o ‘cambiazo’ no PXOM da Coruña que abría as portas á privatización da A Solana que impediu o anterior goberno municipal.

Exemplos que non son illados e que vén de acontecer, tamén, no porto de Vilagarcía, onde Feijóo aposta polo perfil político de José Manuel Cores Tourís para substituír a Sagrario Franco, a única muller na presidencia da rada en cen anos. Para Ferrol, optou por Indalencio Seijo Jordán, enxeñeiro naval e militar próximo aos círculos do PP na presidencia do Casino Ferrolano.

Desde Podemos Galicia ficaremos atentos e vixiantes aos movementos que se produzan nos portos de Vigo e na Coruña para velar polo interese colectivo, público e común, e evitar que un só metro de chan público pase a mans dos intereses empresariais dos amigos do presidente galego.

“Non cederemos un metro de chan público á especulación nos peiraos galegos e preservaremos o dominio público fronte aos voitres das privatizacións”, conclúe o secretario xeral de Podemos Galicia.

BOE cos nomenamentoshttps://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2020-15500