REDE advirte neglixencias na atención na Residencia de Celanova por falta de medios

Información
Galicia | 28 Diciembre 2020 | 1890 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

El Gobierno de Feijóo anuncia en un "panfleto fake news EN MARCHA" incluído  en la "editorial financiada con fondos públicos" confirmando que lleva 10  años destruyendo la Sanidad pública. - Xornal GaliciaA asociación de familiares insiste en manter unha reunión co Padroado para alertar dos problemas e

acelerar a activar a subvención municipal que permita dispor dun servizo digno ás usuarias.

 

REDE, a asociación galega de familias de usuarias e usuarios de residencias, quere manter a reunión co

Padroado na que leva insistindo desde que a Residencia aceptou incorporar ás familias ao consello reitor, hai

agora mes e medio. A intención de REDE é advertir aos xestores das neglixencias na atención socio sanitaria,

que as familias atribúen a falta de recursos humanos e materiais (e lembran que a San Carlos segue, dez

meses despois de declarada a pandemia, sen un servizo 24 horas de enfermaría e nin Política Social nin o

Sergas fixeron nada por solventar esta situación). REDE, ademais, ofrécese como intermediaria entre o

Padroado e os grupos municipais para que a subvención comprometida e solicitada en novembro se faga

efectiva canto antes.

Desde a directiva de REDE e os colectivos Vellez Digna e familiares que manteñen desde Ourense e

Celanova a loita por unhas residencias dignas, insístese en que as familias veñen denunciando publicamente

desde a primeira onda as deficiencias nos recursos do centro que seguen sen corrixirse.

Estas son algunhas das neglixencias detectadas por familiares na atención ás maiores

na Residencia de Celanova:

- Batas que se re-utilizan despois do lavado (esterilización de moi dubidosa eficacia) e que fan parte do

material que as familiares debemos usar como medida de protección para os nosos maiores en cada visita.

- Ausencia dunha zona de illamento para posíbeis casos dubidosos de infección por covid tal e como

establece o protocolo sanitario en vigor.

- Acumulación de residentes no ascensor nun número por riba do límite recomendado para a concentración

en grupos, segundo o protocolo.

- Carteis en 'post-it' ou en folios, pegados en mobiliario ou na parede, dando indicacións sobre medicación e

outras medidas de atención en habitacións de determinadas residentes. Non se entende que esta sexa unha

forma de proceder segura e eficaz para a transmisión de instrucións.

- Timbres arrancados da parede e suxeitos con cinta fóra do alcance de residentes encamadas que pasan

moitas horas en absoluta soidade. Auga fóra do alcance dalgún residente nesta mesma circunstancia.

- Material en mal estado nos dispositivos de oxíxeno: gafas dobradas ou con tapóns por lixo que dificultan o

paso do ar.

- Pacientes con insuficiencias respiratorias atopados sen osíxeno ou cunha máscara por un familiar durante a

visita.

- Variacións inxustificadas, sen orde dun facultativo e contraindicadas no nivel de osíxeno asistido dalgunha

paciente, que pode traer secuelas graves. Unha queixa sobre a que a dirección non deu explicación

convincente ningunha e que supón unha neglixencia grave na atención que presta o servizo de enfermaría,

responsábel do control destes aparatos.

- Falta de cobertura para utilización de dispositivos móbiles en determinadas zonas do edificio o que dificulta

ou impide a realización de vídeo-chamadas. Despois de dez meses aínda non se estableceu un programa de

vídeo-chamadas que garanta o contacto periódico de residentes e familias, imposibilitando unha

comunicación o máis fluída posíbel, tal e como recomendan todos os expertos en saúde mental nas actuais

circunstancias.

- Ausencia dunha canle estábel e regular de información da Residencia coas familias. Se as familias non

chaman, a Residencia non ofrece información ordinaria ningunha.

- Longas esperas de familiares na rúa, á porta da Residencia, malia a cita previa, motivadas pola falta de

persoal que cubra todos os servizos necesarios.

- Carencias na atención durante as fins de semana pola redución de persoal en sábado e domingo que,

ademais da reiteradamente denuncian da falta de cobertura do servizo de enfermaría interno, provoca mesmo

a ausencia dunha responsábel de coordinar as tarefas do persoal (directora ou encargada) en determinados

días.

- Pacientes que presentan evidencias de contusións, sen que a familia recibise explicacion convincente desde

a dirección da Residencia.

- Acceso á Residencia de membros do Padroado sen outra medida de protección que unha máscara. Tal e

como se pode ver nun vídeo difundido estes días polo aniversario dunha residente, dous membros do

Padroado aparecen sen traxes nin luvas e sen respectar a distancia social, e mesmo un deles toca á

residente, algo que está desaconsellado no protocolo. Mentres hai limitación estritas para as familias, non se

entende á necesidade deste tipo de celebracións con presenza de persoas á marxe da atención socio

sanitaria.

Denuncia pública e carta ao Padroado

REDE sempre actuou publicamente na advertencia ao Padroado dos erros ou deficiencias, as familias

organizadas neste colectivo estiveron desde o principio da pandemia ao servizo do Padroado para colaborar

nas solucións, e nesa mesma actitude segue estando REDE, entendendo que até o momento no caso de

Celanova a única Administración pública que respondeu foi a municipal a través do acordo de setembro para

conceder unha axuda económica importante (72.000 €) e que dada a unanimidade entre os grupos políticos

alcanzada naquel momento parece a folla de ruta máis sensata e eficaz.

Nos próximos días, REDE enviará unha carta ao Padroado da Residencia San Carlos para manter unha

reunión da que xa se tratou o pasado 23 de novembro e despois do convite público do día 11 de decembro,

na última homenaxe cívica ás vítimas en Celanova.

IMAXES: (1) cableado do timbre esnaquizado, (2) carteis con instrucións para medicar pacientes, (3) celebración na

Residencia o pasado 14 de decembro, e (4) fachada da Residencia San Carlos de Celanova.