Imprimir

Santa Locaia: outro bosque atlántico de grande valor ameazado polas eólicas autorizadas por Feijóo

Información
Galicia | 04 Enero 2021 | 2700 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

O TSXG anula o acordo para modificar o parque eólico Serra do Oribio -  Xornal GaliciaO parque eólico "Banzas" e a liña de evacuación eléctrica asociada van alterar un dos redutos de bosque atlántico húmido mellorconservados do país, con presenza de especies moi raras, ameazadas e en perigo de extinción.
A desfeita eólica non para: desta volta tócalle a un espazo pouco coñecido mais non por iso menos importante. Trátasese da carballeira de Santa Locaia, nos concellos e Serra de Outes e Mazaricos. Na veciñanza deste espazo están proxectados varios parques eólicos , o máis próximo o de banzas, promovido por Green Capital Power.

 

Unha tramitación fragmentada á medida das empresas: a fraude que a Xunta tolera

O PE “Banzas” partilla infraestruturas co PE “Maragouto” através dunha liña de evacuación eléctrica conxunta, sendo as tres infraestruturas promovidas pola mesma empresa. Esta liña eléctrica forma parte indisoluble destes proxectos eólicos e os seus impactos deberían avaliarse conxuntamente como establece varia xurisprudencia, por exemplo a recente sentenza do TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galiza) 00254/2020 de 9 de novembro de 2020, ou a STS (Tribunal Supremo) 1390/2017 do 30 de marzo do 2017.
Ao non considerar os efectos ambientaos conxuntos destas tres infraestruturas dependentes evidénciase unha intención de fragmentar artificialmente a súa tramitación coa fin de obviar a avaliación dos efectos sinérxicos dos tres proxectos e así minimizar os seus impactos.
No estudo de impacto do PE “Banzas” non hai mención algunha á liña de evacuación conxunta proxectada, actualmente obxecto dunha tramitación separada..

Un espazo proposto para integrar a Rede Natura 2000 que o PP deixou fóraDenuncian unha trama de “extorsión” coa complicidade da Xunta é as eólicas  aos propietarios e concellos. - Xornal Galicia

No estudo de impacto do PE "Banzas" non se avalían as afeccións tanto dos aeroxeradores, pistas de acceso e transformadores, como da liña de evacuación eléctrica sobre a Devesa ou Carballeira de Santa Locaia, espazo que alberga 4 especies de Pteridophyta consideradas vulnerábeis polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas e outras 2 de liques coa categoría de “en perigo de extinción” no dito CGEA. Estas 6 especies de flora protexida son: Dryopteris guanchica, Dryopteris aemula, Woodwardia radicans, Hymenophyllum tubrigense, Leptogium cochleatum e Pseudocyphellaria aurata. Estes taxóns son altamente dependentes dunha elevada humidade ambiental que proporcionan tanto o curso fluvial (Rego da Denonciña) como a masa forestal de carballeira húmida existente en Santa Locaia, que se verán afectadas gravemente e de xeito permanente polas obras, dando lugar a variacións no fluxo da auga superficial e soterrada que soportan os taxóns protexidos no bosque húmido.

Tais valores naturais provocaron que en 2008 a Xunta (goberno bipartito) propuxera esta área para conformar a nova ZEC (Zona de Especial Conservación) da "Devesa de Chacín" integrada na proposta de ampliación a RN2000. Esta proposta de ampliación foi desbotada polo PP logo da súa chegada á Xunta, presentando outra máis cativa en 2011 que nen sequera se chegou a aprobar...
Dende entón, este valioso espazo veu sofrindo periódicas talas e a crecente presión do eucalipto, que van relegando o bosque húmido atlántico ás áreas interiores das vagoadas. Agora, o desleixo cómplice de Feijóo e a cobiza das eléctricas ameazan con facer desaparecer un patrimonio natural único.

Novas relacionadas

Categoría: Galicia
Visto: 2700