O PSdeG ESIXE “O CESE FULMINANTE” DA DELEGADA DA XUNTA EN PONTEVEDRA: “FEIJÓO NON PODE SEGUIR CONVIVINDO COA CORRUPCIÓN”

Información
Galicia | 05 Febrero 2021 | 1341 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Resultado de imagen de pablo aranguena xornalO vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, urxiu hoxe “o cese fulminante” da delegada da Xunta en Pontevedra, que vén de ser condenada xunto con Louzán por fraude e prevaricación.

Nada máis coñecerse a condena a dous anos de cárcere e a oito de inhabilitación para os dous cargos populares, Pablo Arangüena subliñou como “o cheiro da corrupción” chega a distintos niveis do PP.

Feijóo non pode seguir convivindo coa corrupción e coas irregularidades”, advertiu o dirixente socialista, consciente do “nido de caciquismo” en que o PP converteu a Deputación de Pontevedra.