O SLG denuncia a ofensiva eólica DE fEIJÓO contra as serras do leste e algúns dos espazos naturais máis valiosos da Galiza

Información
Galicia | 20 Abril 2021 | 2299 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

VINETATRAMAEOLICOS CHOOREODENUNCIASGALICIA FEIJOO

O Sindicato Labrego Galego vén de presentar unha nova batería de alegacións e peticións de informes de cara a frear a invasión dalgúns dos espazos naturais máis senlleiros na Serra dos Ancares e do seu entorno por varios proxectos de parques eólicos; e doutros espazos naturais da provincia de Lugo. Fíxoo como membro dos órganos de participación das Reservas da Biosfera Terras do Miño, por unha banda; e dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, por outra. Ademais, tamén interpelou ao Consello Científico de Parques Nacionais, organismo dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica.

FALSO XACOBEO 21-22. Malos vientos contra el Camino de Santiago, Feijóo y otros políticos dan el PELOTAZO EÓLICO en todo el camino Francés bajo FAKE NEWS de las campañas de Mar Sánchez Sierra...+

O primeiro deles é o Parque eólico de Barjas, que pretende instalar 22 aeroxeradores cunha potencia total de 121 MW e as súas liñas de evacuación nos concellos de Oencia, Trabadelo e Vega de Valcarce (León) e Barco de Valdeorras, Petín e Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

 

Diante disto, interpelamos o Consello Científico de Parques Nacionais (Ministerio de Transición Ecolóxica) e ao ao órgano reitor da Reserva da Biosfera de Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá para que solicite informe ao Consello Científico, órgano asesor do Comité Español do Programa MaB (Home e Biosfera / Man and the Biosphere) da Unesco ( o SLG forma parte do órgano de participación).

O Parque Eólico de Barjas afecta de maneira severa á Rede Natura e, en concreto, ás zonas de especial conservación (ZEC) de Ancares-Courel, Ribeira do Sil e afluentes e Macizo Central; á Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá; e á futura Reserva de Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Iribio e Courel, cuxa candidatura está a piques de ser aprobada pola Unesco e podería ficar comprometida por este proxecto enerxético.

O SLG tamén interpelou aos consellos científicos devanditos sobre o Parque Eólico Pena do Furco, que pretende instalarse no concello de Becerreá, promovido por Enel Green Power, e contempla erguer sete aeroxeradores.

A maiores, tamén solicitamos informes sobre o Parque eólico Hépotas II, en Muras (Lugo), concello que forma parte da da Reserva da Biosfera Terras do Miño, de cuxo órgano de participación forma parte o SLG.. Trátase dunha ampliación con 2 aeroxeradores do proxectado parque eólico Hépotas, que xa contemplaba a instalación doutros catro no proxecto inicial, delatando así a fragmentación dun mesmo proxecto para eludir trámites e obrigas ambientais e administrativas.

O emprazamento atópase dentro do sistema do río Xestosa ou Xanceda, interceptando dous afluentes do mesmo. Tamén hai unha afección moi severa e incompatible coas zonas húmidas Tremoal e Brañas da Gañidoira, ambos pertencentes ao complexo de turbeiras e uceiras do Xistral.

En canto á fauna, afectará negativamente o hábitat de especies ameazadas como a tartaraña cincenta (Circus pygargus), a gatafornela (Circus cyaneus) ou o voitre (Gyps fulvus). Tamén se verán afectadas especies vulnerables como a salamántiga rabilonga (Chioglossa lusitánica), o sapo raxado (Discoglossus galganoi), a ra ibérica, a píntega, o escáncer (Anguis fragilis), o lagarto arnal (Timon lepidus),o aguaneiro (Galemys pyrenaicus) ou morcegos como o Rhinolophus ferrumequinum e o Rinolophus hipposideros (só presente no catálogo galego), entre outras. O grave no que ser refire á fauna é a minimización do impacto sobre as mesmas que fan as empresas promotoras, recollendo unha previsión de seguimento sobre a súa afectación que non se vai facer na realidade ou que se vai facer de forma parcial e interesada pola propia empresa para xustificar que os impactos son mínimos e que a implantación do parque non supón ningunha afectación relevante, ao igual que acontece con outros parques. Nos informes, consideran estas áreas como se fosen territorios pechados sen que a fauna se poida mover entre eles, o cal é falso. A ninguén se lle escapa que dada a proximidade dos aeroxeradores, a dimensión da superficie que percorren as pas e a súa altura, o parque constitúe unha barreira e unha trampa para aves, quirópteros e insectos, ao tempo que impide a permeabilidade entre as áreas protexidas, de maneira que a afectación será moi grave se consideramos a totalidade dos aeroxeradores que se pretenden instalar.

Finalmente, tamén hai unha afección severa aos núcleos de poboación de O Chao, O Vilar da Xestosa, Furco, O Couce, As Bouzas, O Coto, A Casanova da Xestosa, O Rego da Parede, O Pico Verde, O Porto, A Rega, Leganitos, A Abidueira, Curralvello, A Armada, A Paleira.

No concello de Ourol e Muras, tamén saíu a trámite a ampliación do Parque Eólico de Vilachá, outra fragmentación encuberta dun megaproxecto contra a que alegamos tamén dende o Sindicato Labrego Galego. Neste caso, preténdese aprobar un novo aeroxerador dentro do territorio da Reserva da Biosfera Terras do Miño, con afección severa ao río Landro, na Serra do Xistral, protexido como zona de especial conservación (ZEC).

A nivel humano, afecta directamente aos núcleos de Vilachá (a 510 metros), Folgoselo (a 528 metros), A Carballeira (a 1.036 metros), As Pernas (a 1.581 metros) e Fornelos (a 994 metros).

Finalmente, dende o SLG tamén denunciamos o Parque Eólico de Pena Ombra, situado nos concellos de Guitiriz (Lugo), Curtis e Sobrado dos Monxes (A Coruña) e, polo tanto, dentro das Reservas da Biosfera Terras do Miño, pola banda lucense; e Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, na provincia veciña.

O Parque Eólico de Pena Ombra está promovido por Greenalia Wind Power e contempla a instalación de dez aeroxeradores que alcanzarán unha altura de 180 metros na parte máis alta do diámetro do rotor e estarán situados na área de reserva da Serra da Cova da Serpe, proposta para ampliación da Rede Natura.

Unha das principais afectacións deste parque será ao nacemento de cursos fluviais, xa que a Serra da Cova da Serpe atópase na divisoria de augas entre as concas dos ríos Miño, ao leste, e Mandeo, ao oeste, co nacemento dunha vintena de cursos fluviais. Por este motivo, dende o SLG esixiuse a realización dun estudo hidrolóxico e hidroxeolóxico previo co fin de garantir a non afección a acuíferos e garantir a calidade das masas de auga superficiais e soterradas. Tamén están afectadas varias zonas húmidas e especies animais protexidas.

1. ARCO IRIS denuncia que las eólicas usan la pandemia para su expansión sin freno por Galicia.
( Galicia)
La pandemia y los consiguientes límites a la movilidad han insuflado un repentino afán a lasLa pandemia y los consiguientes límites a la movilidad han insuflado un repentino afán a laseólicas para conquistar ...
Creado el 04 Febrero 2021
2. El Gobierno de Feijóo ESTÁ UTILIZANDO las ayudas Europeas para expulsar a los habitantes de O Caurel, para entregar el territorio a las Multinacionales eólicas.
(Reportaxes a fondo)
Xornal Galicia acredita documentalmente como el Gobierno de Feijóo se "lava" las manos ante las denuncias del Rural Gallego, sus recursos y su desarrollo como zonas protegidas, UTILIZA sus propios fondos ...
Creado el 24 Enero 2021
3. Santa Locaia: outro bosque atlántico de grande valor ameazado polas eólicas autorizadas por Feijóo
( Galicia)
... de extinción. A desfeita eólica non para: desta volta tócalle a un espazo pouco coñecido mais non por iso menos importante. Trátasese da carballeira de Santa Locaia, nos concellos e Serra de Outes e Mazaricos. ...
Creado el 04 Enero 2021
4. O Goberno de Feijóo autoriza eólicas con impactos ambientales brutales na Costa da Morte denunciados por a Asociación Petón do Lobo.
( Galicia)
  NORVENTO AMEAZA AS PAISAXES PONDALIANAS COS EÓLICOS DO MONTE SALGUEIRAS Los fondos fotovoltaicos reclamarán a España 400 millones en un tribunal internacional...+ O parque eólico de Salgueiras ...
Creado el 20 Octubre 2020
5. Condena por estafa y falsedad en documento para Carlos Vicente, el impulsor de Lasser Eólica
(Localidades de Galicia)
Nuevo golpe para Lasser Eolica. El Juzgado de lo Penal nº 7 de Zaragoza ya ha dictado sentencia por el juicio contra Carlos Vicente Clavería, en la que condena a 8 meses de prisión y pago de multa y costas, ...
Creado el 19 Octubre 2020
6. Nace a plataforma Salvemos o Iribio para defender a serra courelá das instalacións eólicas
( Galicia)
Lugo, a 27 de agosto de 2019.- Entidades ecoloxistas, culturais, veciñais e políticas, e persoas a nivel particular, veñen de constituír a plataforma “Salvemos O Iribio” coa finalidade de defender a ...
Creado el 27 Agosto 2019
7. Denuncian unha trama de “extorsión” coa complicidade da Xunta é as eólicas aos propietarios e concellos.
( Galicia)
... “chantaxe” a propietarios para o asentamento de novos parques e pide modificar a normativa para beneficiar ao concello pola actividade eólica. Os portavoces de Medio Ambiente e Medio Rural Luís Bará ...
Creado el 21 Agosto 2019
8. O uso conxunto das enerxías eólica e das olas reduce á metade os custes de produción, conclúe unha investigación do Campus Terra
( Galicia)
Sharay Astariz, entre Rodrigo Carballo e Gregorio Iglesias, na Escola Politécnica Superior O uso e o aproveitamento conxunto de dúas enerxías renovables como o son a eólica e a undimotriz reduce ...
Creado el 28 Marzo 2017
9. FALSO XACOBEO 21-22. Malos vientos contra el Camino de Santiago, Feijóo y otros políticos dan el PELOTAZO EÓLICO en todo el camino Francés bajo FAKE NEWS de las campañas de Mar Sánchez Sierra.
(Reportaxes a fondo)
... ya forman parte del nuevo mandato del PPdeG y y otros políticos en todo el camino Camino de Santiago para festejar la DISULOCIÓN DE FONDOS EUROPEOS EN PUBLICIDAD DE MAR SÁNCHEZ SIERRA y plantaciones eólicas ...
Creado el 17 Abril 2021
10. Sra Fiscal Laura Codruţa Kövesi, espere que sobre fondos europeos en Galicia hay más, las tramas de los eólicos.
(COLUMNA)
Denuncian al gran negocio montado con fondos europeos y las eólicas a través de Greenalia que según los denunciantes es la que maneja el cotarro. El Gobierno de Feijóo ESTÁ UTILIZANDO las ayudas Europeas ...
Creado el 13 Abril 2021
11. ARCO IRIS denuncia la destrucción de una turbera en Curtis.
( Galicia)
Obras ilegales dentro del perímetro de la parcelaria de Fisteus, han causadoObras ilegales dentro del perímetro de la parcelaria de Fisteus, han causadodaños irreparables en una turbera cerca de A Illana ...
Creado el 08 Abril 2021
12. La nueva Fiscalía de Europa da validez a la denuncia contra la Xunta por las líneas de coste ilegales y recomienda a PLADESEMAPESGA a cudir a la Fiscalía Anticorrupción y Criminalidad Organizada.
( Galicia)
... ESTÁ UTILIZANDO las ayudas Europeas para expulsar a los habitantes de O Caurel, para entregar el territorio a las Multinacionales eólicas.(Reportaxes a fondo)... avalada por la Conselleira y el Sr IgnacioMaestro ...
Creado el 05 Febrero 2021
13. O Concello de Celanova négase axudar á Residencia San Carlos
(Ourense)
... en Celanova. EÓLICOS. O alcalde cedeu o salón de actos a unha empresa de explotación eólica para reunirse con veciños e di que non sabe nada do proxecto, pero que traerá “beneficios económicos” O alcalde ...
Creado el 28 Enero 2021
14. Ecoloxistas culpan á Xunta de Galicia de “legalizar” a corta ilegal das carballeiras e de finiquitar o bosque autóctono galego para transformalo en pasteiros artificiais
( Galicia)
... Gobierno de Feijóo ESTÁ UTILIZANDO las ayudas Europeas para expulsar a los habitantes de O Caurel, para entregar el territorio a las Multinacionales eólicas...+   A boa parte das carballeiras e das ...
Creado el 28 Enero 2021
15. O governo do gas
(Localidades de Galicia)
... Eólica alerta contra o hidrogeno azul e o grise. 05/10/2020 - Energía Renovables  | Ir á Web . [11] Ciclos Combinados: rentabilizar o soporte á transición ecológica (Página 38 da revista GasActual Nº ...
Creado el 04 Enero 2021
16. O governo do gas
( Galicia)
... Eólica alerta contra o hidrogeno azul e o grise. 05/10/2020 - Energía Renovables  | Ir á Web . [11] Ciclos Combinados: rentabilizar o soporte á transición ecológica (Página 38 da revista GasActual Nº ...
Creado el 24 Diciembre 2020
17. El Estado regala el norte de España a la multinacional noruega Starkraft.
( Galicia)
... de Endesa), dedicada al expolio de países subdesarrollados. Statkraft es el mayor productor de energía eólica de Europa y se dedica a extorsionar a los Estados mediante la compra de deuda pública de los ...
Creado el 09 Diciembre 2020
18. Sete plataformas veciñais constitúen a primeira rede galega de plataformas en contra de proxectos eólicos e liñas eléctricas abusivas apoyadas por o goberno de Feijoo.
( Galicia)
... sostidos con capital estranxeiro, por riba do benestar, da saúde e da economía das poboacións locais, que teñen que soportar todas as consecuencias negativas destas instalacións. Enerxía eólica si, ...
Creado el 16 Septiembre 2019