Feijóo utiliza a Xunta de Galicia para entregar o control dos fondos europeos a empresas amigas de dubidosa reputación.

Información
Galicia 30 Abril 2021 907 votos - Registrate para votar Están visitando; #Offshore #PublicidadInstitucional #FakeNews #cloacasperiodismo #Manzaneda #Cruise

Galicia ya no pinta nada en Europa y le prohíben la entrada a Rosa  Quintana, tras las informaciones sobre fondos europeos del AINE, Antonio  Basanta y el Sahara publicadas por Xornal Galicia. -Diante do anuncio da constitución da Sociedade para o Desenvolvemento de Proxectos Estratéxicos de Galicia por parte da Xunta, formada por Abanca, Sogama e Reganosa, a Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos denuncia que o goberno galego entrega o mando da saída da crise e da xestión dos fondos Next Generation á banca e á gran empresa especulativa e contaminante.

 A chegada dos fondos europeos Next Generation supón unha oportunidade tanto para saír da crise como para transitar cara a outro modelo socioeconómico no que a sustentabilidade sexa o eixe rector, mais a opacidade que practica o goberno galego, o desprezo á participación publica e a escolla arbitraria de empresas privadas para xestionar o que é de todos e todas é intolerábel. Cómpre, coa máxima urxencia, que a Xunta aclare cales van ser exactamente as competencias que van ter esas tres empresas amigas.

Para a Coordinadora, a escolla desta forma xurídica non é acertada baixo ningún prisma, por canto debilita o poder do público e dá excesiva representación ao sector privado, esquecendo a representación das persoas traballadoras, das Pemes ou das entidades sociais, amais do desprezo que se está a facer cara ás institucións das galegas e galegos deixando de lado ao Parlamento e aos Concellos.Nava Castro se niega a informar como se distribuyen los fondos públicos y  los fondos europeos a través de TURISMO GALICIA, Estación de Manzaneda, OFF  SHORES y #QUEDAMOSENGALICIA - Xornal Galicia

“Preocúpanos que haxa tanta presenza do sector privado, porque deberiamos apostar pola xestión pública directa dos cartos, como garante da procura do interese xeral. Asemade, a escolla dos tres socios da Xunta é moi preocupante, pois parece apostar por unha elite económica que parasita o público e que representa un modelo insustentábel dende un ollar ambiental”, afirman na Coordinadora.

Tanto Abanca, como Sogama e Reganosa teñen participación da Xunta, mais iso non evita un dominio indecente do sector privado para esta “captación de fondos”. Ademais, a escolla é nefasta, por canto se premia a empresas máis que controvertidas, relacionadas co espolio do público e con modelos de negocio altamente contaminantes.

“Preguntámonos como é posíbel que vaia ser Abanca quen lidere a aposta por un cambio económico-produtivo en Galicia,  o resultado da desfeita da fusión das caixas, xa que despois de ser agasallada co 40% do aforro dos galegos e galegas a prezo de saldo”, Abanca foi responsable dunha descapitalización continua do tecido empresarial galego, desfacéndose da súa carteira industrial “para facer caixa”, co custe engadido da perda de empregos. A venda de R a Euskaltel, despois de ter recibido unha enorme cantidade de cartos públicos, é un dos moitos exemplos.Xornal Galicia destapa la escuela previa a las OFF SHORE del Gobierno  paralelo de Feijóo con 19 sociedades en Melilla vinculadas a los altos  cargos de la Xunta - Xornal Galicia

Polo que respecta a Reganosa, na Coordinadora, que xa fixo o pasado 24 de abril unha protesta diante da factoría, denuncian que por unha banda o discurso do goberno galego fala dunha transición enerxética verde e pola outra incorpora a Reganosa a pilotala, empresa instalada ilegal e fraudulentamente na ría de Ferrol e que se adica ao sector do gas fósil, responsábel de elevadas emisións de gases con efecto invernadoiro (GEI). 

O trío complétao Sogama, outra das grandes emisoras de GEI en Galicia, cun modelo de xestión de residuos centralizado, desaconsellado por tódolos organismos internacionais, e que ademais prioriza o vertedoiro e a incineración no canto da redución, reutilización e por último reciclaxe. Pero tamen hai que lembrar que Naturgy, a mesma empresa que acaba de deixar a Galicia sen o seu centro de operacións, conta co 49% de participación en Sogama. “Como é posíbel que se lle dea tanto poder a Naturgy cando nin sequera foi quen de garantir unha transición xusta para os afectados polo peche da central de Meirama. Son máis cartos públicos o que quere a eléctrica?”, pregúntanse na Coordinadora.tramadeempresasenmelilla

Para rematar, a Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos reafírmase en que bota en falta unha xestión pública e transparente dos fondos. “Todo se está a facer de costas á cidadanía. Así, dificilmente podemos pensar que vaia existir un reparto xusto, que fomente a economía produtiva e que aposte pola loita decidida contra o cambio climático e a perda de biodiversidade”, conclúen.

PopFeed: El destinatario de correo electrónico especificado está vacío o no es válido. Verifique las opciones y inténtelo de nuevo.

TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600