Información
Galicia

A Xunta (Feijóo PPdeG) pide colaboración fronte aos lumes mentres aproba leis que os perpetúan e indiucen a queimar

Información
12 Agosto 2016 1832 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Dez anos despois da vaga de lumes que asolou Galicia en 2006 a situación vólvese a repetir, os montes galegos continúan ardendo.

Dende Amigos da Terra queremos denunciar unha vez máis a ineficaz e obsoleta política contra incendios que se leva a cabo en Galicia dende fai máis de corenta anos. Unha política na que cada ano se inviste máis orzamento en plans de extinción, deixando unha porcentaxe mínima para as medidas de prevención, fundamentais e primeiro paso para evitar os lumes.

É necesario que a Xunta de Galicia leve a cabo dentro do sector forestal unha política consensuada con tódolos axentes sociais implicados (políticos, sindicatos, asociacións ambientais e o conxunto da sociedade), co obxectivo de rematar coa problemática dos incendios forestais que ano tras ano asolan a nosa comunidade.

Pedimos á Administración que dispoña as medidas e realice os esforzos precisos para coidar dos nosos montes durante todo o ano, primando a prevención sobre a extinción e sobre todo, apoiando as explotacións agrogandeiras existentes, promovendo a creación de novas, e investindo en iniciativas sustentábles que permitan fixar poboación e recuperar os vencellos dos habitantes co seu medio natural.

Ademáis, que modifique radicalmente as súas políticas de xestión do monte, como na Lei de Montes e o Plan Forestal de Galicia, para abandonar os monocultivos de especies pirófitas e substituilos por especies autóctonas e outros aproveitamentos que visen a multifuncionalidade de usos e o respecto á función ecolóxica, cultural e social do monte.

Desexamos e soñamos que mañá mesmo sexa o día onde o negro do queimado, o cheiro funesto dos montes calcinados, non sexa máis cun mal soño.

É precisa a colaboración do conxunto da sociedade para rematar con esta parte moi triste da nosa historia. Unha vez máis pedimos a colaboración de todos e todas.

Neste enlace podes descargar o noso manual de recomendación ecolóxicas de urxencia para a rexeneración de montes incendiados que, no ano 2006 elaboramos conxuntamente co Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.

http://amigosdaterra.net/info/160415_adt/wp-content/uploads/2016/08/Triptico-Recomendacions-Urxencia-Montes-Incendiados.pdf" target="_blank" moz-do-not-send="true">Triptico Recomendacions Urxencia Montes Incendiados

Nesta guía se ofrecen consellos prácticos para minimizar os efectos posteriores aos incendios, moitas veces tanto o máis graves que o propio lume. Novamente Amigos da Terra fai un chamamento a que o conxunto da cidadanía asuma tamén o seu dereito e deber de implicarse activamente na rexeneración dos montes queimados.

Que chegue a implicación das persoas a donde non chega a previsión das administracións.

Máis información: http://www.amigosdaterra.net/" moz-do-not-send="true">www.amigosdaterra.net

Otros articulos relacionados.....