Denuncian agravio comparativo entre os investigadores galegos dos contratos posdoutorais da Xunta de Galicia

Información
Galicia | 27 Mayo 2021 | 2251 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Benvido a Tribuna de Galicia, un medio de comunicación que ten como sentido  da súa existencia un sinxela pero poderosa razón: contar a verdade. - Feijóo;  "Galicia es una tierra de oportunidades"

A Rede Galega pola Investigación - InvestiGal denuncia un agravio comparativo entre os investigadores galegos contratados nas distintas universidades ao abeiro da modalidade B do programa de contratos posdoutorais da Xunta de Galicia do ano 2019.

 

Segundo as bases de dita convocatoria, as persoas contratadas poderán dar ata un máximo de 80 horas de docencia anuais. Por mor da crise da COVID19, ditas persoas obtiveron unha prórroga de 6 meses nos seus contratos, que inicialmente remataban en Novembro de 2021, de xeito que agora rematan en Maio de 2021. Segundo a resolución da Xunta a extensión dos contratos ten as mesmas características que o contrato orixinal. Deste modo, e segundo confirma a propia Xunta de Galicia en consultas realizadas por socias de InvestiGal, as persoas afectadas poderán ser incluídas nos POD do curso 2021/2022 e dar outras 80 horas de docencia.

Mentres que na Universidade de Vigo as persoas contratadas si que están sendo incluidas nos POD do vindeiro curso académico, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) decide prexudicar ás súas propias investigadoras negándolles a posibilidade de continuación da súa labor profesional completa que incluiría a docencia nos seus respectivos depatamentos ata o fin dos seus contratos. A USC está a limitar as horas totais de docencia durante o contrato a 160 horas, cando nas outras universidades non hai tal límite de horas xa que este non aparece na convocatoria.

InvestiGal reclama o dereito das investigadoras e investigadores da USC a ter as mesmas condicións que o persoal doutras universidades e, polo tanto, poidan ser incluídos nos POD do curso 2021/2022.

 

InvestiGal