180 organizacións as que se suma PLADESEMAPESGA denuncian as subvencións europeas á mina de San Finx

Información
Galicia | 04 Junio 2021 | 1561 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

contaminacionminasdesanfix fondoseuorpeos colaboracionFeijooMarsanchezSierra

As principais organización ambientais europeas xunto con numerosos colectivos locais e nacionais, incluíndo a Ecoloxistas en Acción e outras entidades galegas, veñen de lanzar un manifesto denunciando o crecente apoio das institucións da Unión Europea á minaría destrutiva e contaminante en Europa, baixo a escusa da chamada transición verde.

 

A declaración conxunta advirte sobre como as empresas mineiras e os seus accionistas se están beneficiando de subvencións públicas da UE que se canalizan cara proxectos de investigación de dubidoso beneficio público e control sobre os seus impactos e autorizacións ambientais.Benvido a Tribuna de Galicia, un medio de comunicación que ten como sentido  da súa existencia un sinxela pero poderosa razón: contar a verdade. -  FRAUDE DE LA PUBLICIDAD INSTITUCIONAL DE LA

Entre os exemplos de financiación da UE para proxectos mineiros que non foron sometidos a unha avaliación de impacto ambiental destacan o caso da mina San Finx, en Lousame, que recibiu financiación dos programas europeos Horizon 2020 e EIT Raw Materials, que permitiu, entre outros gastos, pagar o salario do propio director facultativo da explotación.

Tungsten San Finx S.L., filial de Valoriza Minería, mantivo baleirada por achique forzado a 5ª planta desta mina de volframio e estaño durante varios anos, de modo a utilizar esta zona paras as probas de ambos os dous proxectos europeos, a pesar de non ter autorización de vertidos da Xunta. Esta actuación implicou vertidos constantes con altas concentracións de metais pesados ao río contiguo, que flúe cara a ría de Muros-Noia e o espazo da Rede Natura 2000 Esteiro do Tambre, situados a tan só 7 km de distancia.A fraude da publicidade adxudicada en campañas con fondos europeos de la  pesca de María del Mar Sánchez Sierra " O Mar que nos Move" esta provocando  crispación e malestar no sector

Ecoloxistas en Acción denuncia non só que Augas de Galicia nunca teña sancionado á empresa mineira, se non que pretenda aínda conceder autorización de vertido nun procedemento iniciado en 2016 e que estivo cheo de irregularidades e falsidades desde o inicio. A entidade ecoloxista personouse no procedemento e prepara accións legais ante a posibilidade de que Augas de Galicia autorice os vertidos nos próximos meses.