Imprimir

Feijóo facilita a volta aos sondeos mineiros ilegais dunha empresa sueca na Braña da Serra, que afecta aos concellos de Coristanco e Santa Comba.

Información
Galicia | 15 Junio 2021 | 1658 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

Xornal Galicia | La democracia muere con la perdida de la Libertad de  Expresión..

Foto y video de Mar sanchez Sierra de "escopeta nacional" vigilando a Feijóo y Eva Cardenas bajo el "vicio y la lujuria" del comer en el sitio más caro de Madrid...+

La minera de Corcoesto denunciaba que la Xunta (Feijóo) le pidió 1,5 millones en ‘mordidas’. Un directivo de Sacyr solicitó dinero para Feijóo, Agustín Hernández y Bernardo Tahoces, según la demanda;..+ https://archive.is/4E2oQ

Feijóo intimamente vinculado a EUROBATTERY MINERALS AB non dubida en facilitarlle todo tipo de xestión e explotación dos recursos galegos sin interferir na falta de papeis, aurorizacións e todo aquelo uqe poida inetrferir nos negocios de EUROBATTERY MINERALS. ContraMINAcción celebraba o cesamento de Ángel Bernardo e agardan que a nova respondable de Minas, A Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, poña fin á corrupción https://archive.is/H1ddW Este tipo de empresas arramplan co que lhes interesa e deixan un espazo ermo e degradado como se foran o cavalo de Atila; "o que venha atrás que arree !" Exemplos, por desgraza, temos a centos. O PP da Xunta e a sua aranheira de alcaldinhos estan a facer unha árdua labor neste senso.

 A empresa mercantil CORCEL MINERALS SL., ven de anunciar a través da súa matriz EUROBATTERY MINERALS AB que iniciou neste mes de xuño de 2021 unha nova campaña de sondeos, con 1 km de sondeos previsto, segundo se indica na páxina corporativa para invsersores.

Estos sondeos foron contratados á empresa GEONOR SERVICIOS TÉCNICOS, S.L., unha empresa que xa realizou ilegalmente, sen autorización da Dirección Xeral de Política Enerxética e Recursos Naturais nin autorización urbanística municipal, catro sondeos en 2019 que foron denunciados no seu día.

Ecoloxistas en Acción denuncia que a día de hoxe continúan carecendo das preceptivas autorizacións. para realizar sondeos. Ningún dos sondeos ilegais ten un Plan de Restauración ou Estudo de Impacto Ambiental asociados, non tendo sido sometidos a información pública nin ao exame dos distintos organismos sectoriais para avaliar os seus potenciais impactos.
Sinalan que os sondeos se sitúan nunha zona de especial valor e alta singularidade ecolóxica: a zona húmida da Braña da Serra. Unha zona cuxa protección se ten instando repetidamente por distintos colectivos ambientais. Resaltan que ao tratarse de sondeos inclinados, estos poden afectar a acuíferos e ao nivel freático.
 

Logo da intensa polémica que a empresa sueca EUROBATTERY MINERALS AB causou o ano pasado ao realizar máis de 1 km de sondeos na Braña da Serra carecendo de autorizacións, hoxe mesmo a mesma empresa anunciou aos seus inversores da bolsa de Estocolmo que retomaría os sondeos neste mesmo mes de xuño, coa pretensión de realizar máis un quilómetro de sondeos.Logo da intensa polémica que a empresa sueca EUROBATTERY MINERALS AB causou o ano pasado ao realizar máis de 1 km de sondeos na Braña da Serra carecendo de autorizacións, hoxe mesmo a mesma empresa anunciou aos seus inversores da bolsa de Estocolmo que retomaría os sondeos neste mesmo mes de xuño, coa pretensión de realizar máis un quilómetro de sondeos.A empresa, a través da súa filial Corcel Minerals SL e da empresa de sondeos Geonor Servicios Técnicos SL, volta a carga nun espazo de altísimo valor ecolóxico, a a coñecida como Braña da Serra, situada etre os lugares de O Sisto, Os Matos e Boaña, na parroquia de Castriz (Santa Comba), e As Salgueiras, xa no concello de Coristanco.

O ano pasado varias entidades, respaldadas cos datos de biólogos das universidades de Santiago e da Coruña, solicitaron que se iniciase o expediente de protección ambiental para catalogar a zona como ENIL (espazo natural de interés local) ou EPIN (espazo privado de interés natural).E é que a empresa sueca chegou a manifestar o ano pasado que xa contaba cos permisos necesarios para comezar un proxecto de explotación de cobre, niquel e cobarlto a ceo aberto de grandes dimensións de inmediato, aínda que se acabou por descubrir que nin era titular dos dereitos mineiros nin contaba coas autorizacións para facer sondeos, nin da propia Xunta nin dos concellos afectados.

Os sondeos realizados ilegalmente en 2020 non contaban tampouco con proxecto de restauración ou estudo de impacto ambiental, que son preceptivos, a pesar da súa afección aos acuíferos que poden causar alteracións no nivel freático nunha zona húmida moi sensible.Por este motivo, cursáronse denuncias urxentes para a paralización inmediata desta nova campaña ilegal de sondeos, antes de que poidan causar máis prexuizos de difícil reparación. Desde o coletivo ecoloxista apuntan que se trata sondeos inclinados, de modo que aínda que a actual campaña se faga sobre parcelas de superficie no concello de Coristanco, estas son contiguas ao concello de Santa Comba, e afectan en profundidade tamén a este concello.


Anuncio realizado pola empresa: https://eurobatteryminerals.com/en/eurobattery-minerals-starts-new-drilling-campaign-at-corcel-project-in-spain/?utm_source=Newsletter&utm_campaign=Drilling_Corcel

https://www.elcorreogallego.es/ocorreodaareadecompostela/eurobattery-alaba-las-posibilidades-mineras-del-area-xalleira-de-castriz-MK5059248 

https://www.pontevedraviva.com/opinion/5028/ambiente-san-pedro-peon-feijoo-enerxeticas-mineiras/ 

Categoría: Galicia
Visto: 1658