Denuncian que a Tarxeta Xoven da Xunta e un "tongo" mais do goberno de Feijóo ao sufrir retrasos d emais de dous meses para que non se poidan usar

Información
Galicia | 24 Junio 2021 | 2014 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Xornal Galicia | La democracia muere con la perdida de la Libertad de  Expresión..

A voceira de Xuventude do Grupo Socialista, Paloma Castro, criticou a “nefasta” xestión da Tarxeta Xove da Xunta, logo de que esta acumulase retrasos para a súa activación de ata dous meses. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Xuventude, do Parlamento de Galicia, trala comparecencia da directora xeral deste ramo.

 

Non podemos entender que, a estas alturas e coa situación na que nos atopamos, poidan pasar cousas como que se requira a presencialidade para acceder a un código que permita activar unha tarxeta”, censurou a voceira, aludindo á incongruencia dun servizo que acumulou “longas colas” e produciu un “colapso da administración” en plena pandemia. Isto, sinalou, connota o “desleixo” do goberno galego con respecto á mocidade.

Ao fío disto, Castro denunciou a “falla total de sensibilidade” do goberno da Xunta sobre un sector da poboación “que é o futuro do país”. Así, lamentou que a partida destinada á mocidade se reducise este ano con respecto ao anterior, o que é “incomprensible”, xa que a mocidade foi “gravemente golpeada pola pandemia”.

Un paro xuvenil disparado ata o 37% en Galicia durante o primeiro trimestre deste ano e uns traballos “escasos” e “precarios”, subliñou, provocaron “a volta á casa de moitas persoas novas”. De feito, sinalou, “só o 18,6% das persoas entre 16 e 29 anos está a residir nun fogar independente”.

En canto aos programas de verán, a vicevoceira socialista lamentou que, logo de 25 anos, a oferta siga sendo a mesma, o que “demostra a falla de interese por estes programas, limitándose a unha mera xestión”. Neste senso, propuxo a incorporación de programas de sensibilización sobre igualdade ou de concienciación medio ambiental que sexan “complementarias con outras de carácter físico” e “enriquecedoras a nivel persoal”.

Sobrados indicios de Feijóo, Mar Sánchez y Escotet ...

https://xornalgalicia.com › Galicia › Reportaxes a fondo

4 jun 2021 — Feijóo y la publicidad de Mar Sánchez dicen que la Tarxeta Xente Nova es gratis y Escotet Abanca pide dinero para tramitarla, ...

Falta: xove ‎| Debe incluir lo siguiente: xove

Tarxeta Xorven - Xornal Galicia | Xornal Galicia

https://xornalgalicia.com › component › tags › tag › tar...

Entre los 0 y los 6 años de vida tiene lugar una etapa del desarrollo humano determinante para el futuro de la persona. Los preocupantes datos que arroja este ...


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600