Información
Galicia

Demóstrase que o PP de Candia é capaz ata de recorrer á mentiras e anónimos para calumniar ao Goberno da Deputación, entorpecendo así a importante labor da xustiza

Información
17 Abril 2016 2230 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

candia feijoo levy barreiro 620x349Declaracións íntegras que fixo o Voceiro Provincial Socialista, Álvaro Santos Ramos, en resposta a preguntas dos medios de comunicación ao respecto do arquivo provisional da causa sobre as obras en Portomarín:

1.- "Aledámonos polo arquivo provisional desta causa e por todas as persoas afectadas, ás que sempre defendemos e confiamos na súa inocencia pois, na Deputación, os socialistas sempre actuamos conforme á lei, primando os intereses dos veciños da provincia. Precisamente, isto é o que vén a demostrar o arquivo provisional desta causa".

2.- O arquivo provisional desta causa desenmascara, unha vez máis, ao Partido Popular de Elena Candia, que era quen estaba detrás desta falsa acusación. O PP de Candia só se adica a xudicializar a vida política co único interese de danar ao Goberno da Deputación, aínda que isto prexudique á imaxe e ao funcionamento do organismo provincial, e, polo tanto, aos veciños da provincia. Demóstrase que o PP de Candia é capaz ata de recorrer á mentiras e anónimos para calumniar ao Goberno da Deputación, entorpecendo así a importante labor da xustiza.

3.- Agradecemos ao xuíz de apoio do Xulgado de Instrución Nº1 que actuase con esta dilixencia, pois a xustiza só é xusta cando actúa con rapidez e rigor, todo o contrario ao que, en ocasións, parece acontecer en Lugo, onde se acumulan centos de causas abertas dende hai tempo, e con moitísimas familias afectadas.

4.- Co arquivo provisional desta causa non muda a situación do Deputado non adscrito, que optou por tirarse aos brazos de, precisamente quen o denunciou, é dicir, aos do Partido Popular, negándose a defender ao que era o seu partido e a todos os seus compañeiros. Cómpre lembrar que, antes do 24 de xuño, é dicir, antes de que Manuel Martínez lle dese o goberno da Deputación ao Partido Popular de Elena Candia, Darío Campos, nun acto de máxima xenerosidade, ata lle ofreceu a Manuel Martínez a cesión da Presidencia da Deputación, unha vez resolta a súa imputación. Martínez rexeitou este ofrecemento, e optou por pactar co Partido Popular, como fixo en reiteradas ocasións. No Pleno provincial de marzo, o Deputado non adscrito amosou novamente e de xeito público o seu apoio ao PP de Candia.

Otros articulos relacionados.....