Información
Galicia

Levouse a cabo o 10º homenaxe ao derradeiro alcalde de Fene durante a II republica Don Ramón Souto González, o cal foi fusilado o 16 de agosto de 1936.

Información
17 Agosto 2016 2574 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
2 2016 08 16 HOMENAJE A RAMÓN SOUTO 1Durante dita homenaxe o Sº Xeral rememorou a vida e figura política de Ramón, o Voceiro do grupo socialista Antón Noceda presentou dúas publicacións que recuperan a memoria histórica dos momentos de 1936 e o senador nas cortes xenerais de España Ángel Mato Escalona fixo referencia aos grandes avances da II República que perduran na actualidade e ao sacrificio de aqueles que loitaron naqueles momentos pola libertad e a democracia fronte ao golpe de estado.
 

A tan emotivo acto asistiron un nutrido grupo de socialistas de Fene e membros do Comité Executivo Municipal e entre eles o Sº xeral da agrupación e concelleiro de Fene Joaquín Ayala Garrido,

  • o Sº de organización José Pico Rey,
  • os concelleiros socialistas Antón Noceda Carballo (portavoz municipal do grupo socialsta) e Amalia García Amado,
  • o Senador Ángel Mato Escalona,
  • a deputada fenesa no parlamento galego Mónica Fernández Rodríguez,
  • o familiar do alcalde fusilado Antonio Seijo Souto,
  • os concelleiros de Somos Fene X.M. Rodríguez Bastida e César Castro,
  • representantes da agrupación socialista de Neda,
  • e un nutrido grupo de veciños e veciñas de Fene.

A todas estas persoas que acompañaron á familia socialista de Fene nesta homenaxe a Ramón Souto lles expreso a nosa máis profunda gratitude.

Otros articulos relacionados.....