“A CAPELA DI NON” AOS VIREOLICOS DE FEIJÓO TRALO PLENO MUNICIPAL EXTRAORDINARIO CELEBRADO PARA ABORDAR O ASUNTO DOS PARQUES EÓLICOS CAAVEIRO E TESOURO.

Información
Galicia | 18 Agosto 2021 | 943 Votos | Correo electrónico | Imprimir

FALSO XACOBEO 21-22. Malos vientos contra el Camino de Santiago, Feijóo y  otros políticos dan el PELOTAZO EÓLICO en todo el camino Francés bajo FAKE  NEWS de las campañas de Mar SánchezDespois do intenso traballo das últimas semanas, a Plataforma Veciñal “A Capela di non” felicítase pola aprobación no pleno extraordinario,* celebrado o pasado venres, da declaración institucional do Concello de A Capela en contra dos parques eólicos Caaveiro e Tesouro.

 

A pesar disto a Plataforma amósase disconforme co feito de que dito rexeitamento estea condicionado a posibles cambios que a promotora puidese realizar con respecto dos proxectos tal e como foron publicados. Durante o pleno a Plataforma solicitou un “posicionamento claro e rotundo contra estes dous parques, así como o resto de parques que configuran o macroproxecto para as comarcas do Eume e Ferrolterra”, dada a repercusión que tería para o concello “a maior alteración do territorio e das nosas vidas nos últimos 40 anos”. Deste xeito a Plataforma quere deixar claro que se trata dun modelo de transición enerxética irracional que produciría o empobrecemento da zona, a perda de poboación e das actividades económicas propias, a merma na calidade de vida, e o dano ao patrimonio cultural e natural.

A Plataforma lembra tamén que, segundo informaron as autoridades autonómicas competentes, o Parque Eólico Caaveiro superponse co trazado do Parque Natural Fragas do Eume e, ademais, non se atopa dentro das áreas de aproveitamento eólico previstas polo Plan Eólico. Polo tanto, é unha problemática moito máis ampla que require dun debate en profundidade por parte da sociedade galega, coa fin de dirixirnos cara sistemas de produción, xestión e consumo enerxéticos que sexan eficientes e racionais; un debate que deberá ser levado tamén ao ámbito lexislativo, co obxectivo de adaptar a normativa aos novos tempos e ás novas tecnoloxías. Por outra banda, lembran que a empresa promotora podería estar incorrendo nunha fraude por fraccionamento, dado que os seis parques comparten un tramo da liña de alta tensión ata a estación de As Pontes, onde se atopa o enganche coa rede xeral.

A partir das explicacións expostas polo Goberno Municipal sobre o retraso na celebración do pleno extraordinario, a Plataforma considera que podería existir conflito de intereses ao verse enfrontados os deberes de goberno con certas condicións que supostamente foron impostas pola mesma empresa promotora dos parques (minuto 00:45 do vídeo que se enlaza).

Así mesmo, a Plataforma queixouse das carencias en canto á información que recibiu a veciñanza dado que, nas charlas informativas organizadas polo Concello, o técnico da promotora chegou a asegurar que descoñecía o trazado da liña de alta tensión do Parque Eólico Caaveiro así como o resto das características dos proxectos. Sobre este aspecto, a Plataforma aproveitou a ocasión para solicitar ao Goberno Municipal que facilite o acceso a toda a información relacionada cos expedientes de ambos parques. A Plataforma plantexou a pregunta de, se o Concello soubo da existencia de proxectos eólicos dende agosto de 2020**, por que non deu a coñecer esta información á veciñanza ata que saíron a información pública no BOE do 15 de xuño de 2021 os proxectos de Caaveiro e Tesouro. A resposta foi que se informará “en tempo e forma” sobre este particular, evitando responder de palabra.

A Plataforma interesouse tamén por coñecer que informes aportará o Concello durante o trámite de audiencia que finaliza esta semana para o Parque Eólico Tesouro e a semana que vén para o de Caaveiro, especialmente despois de comprobar no rexistro que o arquitecto municipal emitiu informe técnico desfavorable que o Goberno Municipal non ten intención de enviar á Delegación do Goberno. Como na pregunta anterior, a resposta foi que se informaría en tempo e forma.A Plataforma permanece á espera da información solicitada, continuando mentres coas súas actividades. Os próximos sábados 21 e 28 de agosto, proseguirán realizando charlas informativas, nesta ocasión nas Parroquias de Cabalar e das Neves, respectivamente, coa fin de que a veciñanza poida consultar os mapas e coñecer o impacto que terían os proxectos sobre as súas fincas e vivendas. Ademais, avanzan na coordinación con outras plataformas veciñais de concellos afectados polo tsunami eólico coa fin de crear unha fronte común. Está prevista a realización dun roteiro reivindicativo para o domingo 5 de setembro, aínda que os detalles sobre o mesmo están por concretar.

social youtube xornalgalicia   feed-image