Tres vellos amigos quedaron para xogar a partida de cartas habitual, sen embargo un deles atrásase inexplicablemente. Ten unha boa razón: asasinou á súa muller. A obra trata temas universais coma o valor da amizade, o compromiso ante o deber ou a loita entre o correcto e o incorrecto. Que facer cando un vello amigo comete un crime? Delatalo? Salvalo?
Faemino y Cansado ¡CÓMO EN CASA NI HABLAR! VENRES 22 E SÁBADO 23 DE ABRIL # 20:30 h
Faemino y Cansado conseguen con esta proposta a extra madurez. Recordemos que a madurez ca a acadaron hai bastantes anos.Que pretenden con este novo espectáculo? Pretender, pretender, nada. O que lles gustaría é que a xente se rira polo menos 23 veces e que ao saír do teatro foran mellores persoas e atopasen o sentido da vida. ENTRADAS EL LAGO DE LOS CISNES FERROTEATRO DOMINGO 24 # 18:00 h
Adaptación da célebre ópera de Tchaikovsky para achegar a ópera aos máis pequenos. A trama segue a orixinal do conto pero con personaxes máis atractivos para os nenos do século XXI, que buscan a comicidade e a implicación do público, convertendo aos espectadores nun personaxe máis da obra. ENTRADAS Keilin 4 Ensemble CONCERTO BENÉFICO A FAVOR DO BANCO DE ALIMENTOS XOVES 28 DE ABRIL # 21:00 h
Este grupo está formado por catro membros dunha mesma familia que comparten a súa paixón pola música: a parella natural de San Petersburgo formada por Iliá (violonchelo) e María Keilin (piano) e os seus fillos Gregorio e Arsenio (violonchelos). Interpretarán algunhas das súas pezas favoritas nun concerto benéfico a favor do Banco de Alimentos da Coruña. ENTRADAS Nuestras Mujeres CON GABINO DIEGO, ANTONIO GARRIDO E ANTONIO HORTELANO VENRES 29 DE ABRIL # 20:30 h
Tres vellos amigos quedaron para xogar a partida de cartas habitual, sen embargo un deles atrásase inexplicablemente. Ten unha boa razón: asasinou á súa muller. A obra trata temas universais coma o valor da amizade, o compromiso ante o deber ou a loita entre o correcto e o incorrecto. Que facer cando un vello amigo comete un crime? Delatalo? Salvalo? ENTRADAS DIRTY DANCING SING-ALONG CINE MUSICAL CON ANIMACIÓN SÁBADO 30 # 20:30 h
'Dirty Dancing' fixo saltar a millóns de mozos a finais dos oitenta. Conta a historia de Johnny Castle -un profesor de baile cunha grande afección polos romances- e Baby Houseman -unha adolescente inocente e anodina-, os dous coñécense durante un verán no balneario no que el traballa. ENTRADAS Tango: Hora Zero QUINTETO NUESTRO TIEMPO DOMINGO 1 DE MAIO # 20:30 h
QUINTETO NUESTRO TIEMPO: MATÍAS GONZÁLEZ (BANDONEÓN), PABLO WOIZINSKI (PIANO), MARCELO GONZÁLEZ (VIOLÍN), RISTO VUOLANNE (CONTRABAIXO), GUILLERMO BAZZOLA (GUITARRA ELÉCTRICA), DANZA: EZEQUIEL HERRERA, MARIA ANTONIETA TUOZZO. Astor Piazzolla imaxinaba a hora cero como o momento despois da medianoite, ‘una hora de absoluto final y absoluto comienzo’. ‘Tango: Hora Zero’ é unha homenaxe á música máis representativa da cidade de Bos Aires, un espazo no que conviven o novo tango de Astor Piazzolla xunto cos estilos dos grandes forxadores do xénero, como Horacio Salgán, Agustin Bardi, Anibal Troilo, Pedro Maffia, etc. ENTRADAS ELS JOGLARS V.I.P. VENRES 6 DE MAIO # 20:30 h
Comedia negra sobre a educación dos nenos. En palabras de Ramón Fontseré: ‘Na nosa moderna sociedade actual parécenos que o neno acadou o máximo privilexio facéndoo equiparable ao trato que recibe unha VeryImportantPerson (V.I.P). Resulta paradoxal que a actitude ben intencionada dos pais, ben sexa por complexo ou por dar unha comodidade aos seus fillos da que eles careceron, achega perigosamente ao neno a un ser intratable con delirios de pequeno tirano’. ENTRADAS