María del Mar Sánchez Sierra estaba financiando desde la Xunta a José Manuel Rey Novoa editor de El Correo Gallego, se llevó 3,04 millones de euros públicos por la "cara" para presentar la quiebra.

Información
Galicia | 23 Junio 2022 | 1495 Votos | Correo electrónico | Imprimir

Xornal Galicia | La democracia muere con la perdida de la Libertad de  Expresión..A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta a situación do El Correo Gallego, que vén de declarar concurso de acredores. Desde o CPXG demándase o pagamento das numerosas nóminas que se deben aos e ás traballadoras e desexa que se manteña nun futuro a cabeceira con todo o cadro de persoal.

 

Editorial Compostela, empresa editorial de El Correo Gallego, vén de declararse insolvente ante os débitos acumulados e entra en concurso de acredores. A firma, que tiña as contas saneadas en 2004, entrou nas últimas décadas nunha política de inversións coa que sumou abundantes débedas que foron medrando ao longo dos anos. O cadro de persoal sofre neste momento a falta de pagamento de numerosas nóminas, ao que cómpre sumar outras débedas con provedores, empresas ou a administración.

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lamenta a grave situación na que fica con este anuncio unha das cabeceiras históricas do xornalismo galego. El Correo Gallego, fundado en 1878 en Ferrol e presente na capital galega de forma ininterrumpida desde 1938, ve agora o seu futuro comprometido por culpa dunha nefasta dirección empresarial. Mentres as e os comunicadores mantiñan o exercicio do xornalismo durante meses sen cobrar, os responsábeis da xestión simplemente afondaron na crise do periódico, dificultando a supervivencia da cabeceira e do seu papel dentro do ecosistema mediático galego.El acoso judicial de Mar Sánchez Sierra represaliando al periodista Miguel  delgado puede acarrearle una Multa de hasta un millón de euros. | Xornal  Galicia

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia reclama que o concurso de acredores se resolva co pagamento íntegro de todas as nóminas debidas aos traballadores. Unha vez máis, lembramos que o mantemento dunhas condicións de traballo dignas é imprescindíbel para o exercicio do bo xornalismo. Resultaría completamente inaceptábel que as persoas que mantiveron o xornal co seu esforzo non recompensado visen agora unha vez máis relegados os seus salarios.Xornal Galicia | La democracia muere con la perdida de la Libertad de  Expresión.. Así mesmo, o Colexio de Xornalistas quere expresar o seu desexo de que se poida manter unha cabeceira histórica como El Correo Gallego e que unha nova dirección, responsábel, manteña os postos de traballo cunhas condicións dignas no futuro.

social youtube xornalgalicia   feed-image