Información
Galicia

Masterclass de gravación con réflex e relatorio sobre distribución de curtas no FICBUEU

Información
01 Septiembre 2016 2474 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

masterclassSenllas actividades desenvolveranse o venres 16 con acceso libre e gratuíto pero a inscrición previa garante a reserva dunha praza
Bueu, 1 de setembro de 2016. O FICBUEU incorpora na súa programación unha masterclass de gravación de vídeo con cámara réflex e mais un relatorio sobre a distribución internacional de curtametraxes. Estas actividades terán lugar o venres 16 de setembro, ás 11 e as 16.30 horas respectivamente, na sala multiusos do Centro Social do Mar, situada no andar superior. Como na gran maioría das propostas desta novena edición, o acceso é libre e de balde, no entanto recoméndase inscribirse previamente para garantir a reserva dunha praza. Para isto, basta con enviar nome e datos de contacto ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
O realizador David Hernández será o encargado de impartir a masterclass ‘Introdución á gravación en vídeo con cámara réflex (DSLR)’. A sesión está pensada especialmente para usuarios afeccionados, pero coa intención de acadar resultados de aspecto profesional, polo que tamén está indicada para estudantes, xornalistas, etc. O baixo custo e a alta calidade da imaxe popularizou o emprego das réflex nas rodaxes de ficción, publicidade ou documental. No encontro abordaranse as súas virtudes e limitacións, ao tempo que se achegarán as claves para sacarlle o máximo rendemento. David Hernández conta con máis de dúas décadas de experiencia no eido do audiovisual, alén dunha longa traxectoria na docencia. Nestes intres, áchase mergullado na produción da súa primeira longametraxe como director, ‘A néboa’.
O relatorio ‘A distribución internacional de curtametraxes’ correrá a cargo de Millán Luis Vázquez-Ortiz, director xeral da Agencia Freak, líder en distribución de cinema independente en festivais internacionais. A charla, dirixida prioritariamente a profesionais e estudantes de audiovisual, exporá as estratexias e recursos necesarios para optimizar a difusión e a comercialización das obras, achegando respostas ás dúbidas máis habituais sobre a estrutura e as regras do mercado de curtas, a rendibilidade deste tipo de traballos ou a planificación da súa distribución en festivais. O relator, que ten impartido conferencias sobre a temática en diferentes países, é ademais responsable de adquisicións e vendas da axencia Feelsales, alén de ter promovido plataformas de distribución de cine online, festivais e redes dentro do sector.

Otros articulos relacionados.....